Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Unha Ruta ciclista de Camariñas-Peniche para reforzar o irmandamento entre as dúas vilas

RUTA CICLISTA CAMARIÑAS-PENICHE
Unha Ruta ciclista de Camariñas-Peniche para reforzar o irmandamento entre as dúas vilas

O Concello de Camariñas e o club ciclista PC Baikers do Vilán organizan unha nova saída a dúas rodas. Trala saída ata La Turballe levada a cabo o ano pasado, este ano preparan unha ruta ciclista entre Camariñas e Peniche co obxectivo de reforzar o irmandamento existente entre as dúas vilas desde o ano 2011.

Esta iniciativa terá lugar do 26 ao 29 de agosto e participarán 14 ciclistas, que en catro etapas percorrerán 586 kilómetros, facendo paradas con recibimento oficial en Vigo, Porto, Figueira da Foz, Serra d’El-Rei e, por último, Peniche.

O concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, que participará tamén este ano na ruta, explica que “o obxectivo é ampliar as relacións entre as dúas localidades e aproveitar a ocasión para facer promoción do encaixe, das tradicións e do potencial de Camariñas e da Costa da Morte”. “Ademais do encaixe son moitos os elementos que nos unen, como o turismo, a pesca, a industria ou o deporte”, afirma.
As etapas son as seguintes:
1. 26/08/24: Camariñas – Vigo (154 km).
2. 27/08/24: Vigo – Porto (151 km).
3. 28/08/24: Porto – Figueira da Foz (139 km).
4. 29/08/24: Figueira da Foz – Serra d’El-Rei – Peniche (142 km).

Na etapa final está previsto que un club local de ciclismo de Peniche acompañe, na totalidade ou en parte do percorrido, aos ciclistas costeiros.

Máis novas

 

Camariñas, que irán ataviados cun equipamento deseñado especialmente
para a ocasión.

Comentarios