Venres. 19.04.2024
El tiempo

Santa Comba acolle a fase final da Copa Federación de balonmán

Familia do Bm Xallas coa concelleira e alcaldesa de Santa Comba
Santa Comba acolle a fase final da Copa Federación de balonmán

Se o Calvo Xiria xa ten o foco posto na Fase de Ascenso á División de Honra Prata, que se celebrará en Avilés a fin de semana do 17, 18 e 19, por Santa Comba xa non teñen descanso. A súa Promoción disputarase os 19 e 26 de maio, pero esta fin de semana xa toca Copa.

O pavillón municipal de Fontenla acolle esta vindeira fin de semana a fase final da Copa Federación da Segunda División Autonómica de Balonmán, na que participan o Artai Poio, o BM. Chapela, o Bueu Atlético e o Balonmán Xallas, entidade que organiza este evento, coa colaboración do concello de Santa Comba.

Este mércores na Casa do Pozo tivo lugar a presentación do torneo. No acto interviu a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, a concelleira de deportes, Silvia Cancela, o presidente do Balonmán Xallas, Miguel Barbeira e o coordinador do club, Víctor Garrido.

María Pose quixo recoñecer o traballo da entidade xalleira mediante unha ferramenta moi importante como é deporte. Desde o club agradeceron o apoio do concello. Todos quixeron convidar aos veciños e veciñas a que asistan a esta cita deportiva.

Presentacion da Fase Final

O sábado 11 de maio disputaranse as semifinais. Ás 18,00h xogarán Artai Poio e Chapela e ás 20:00h o Balonmán Xallas medirase ao Bueu Atlético. Os conxuntos perdedores xogarán o domingo ás 10:30h polo terceiro e cuarto posto. A final da Copa Federación será ás 12:30h.

Novas relacionadas

Comentarios