Martes. 19.03.2024
El tiempo

Balonmán: A Fase de Ascenso, alegría carballesa e pequeno paso atrás xalleiro

O BM Xallas perdeu en Pontedeume
O BM Xallas perdeu en Pontedeume
Balonmán: A Fase de Ascenso, alegría carballesa e pequeno paso atrás xalleiro

Quedou ás portas do ascenso directo á 1ª Autonómica o Bm. Xallas traer na finalísima disputada en Pontedeume. Cunha afección verde mobilizada para a ocasión, os xalleiros, despois de pasar a primeira volta no liderato, e toda a segunda volta na segunda praza, caia ante o Bm. Pontedeume, que o superou na táboa e consegue, xunto ao Poio, o ascenso automático.
Aínda terán os xalleiros a ocasión de subir nunah promoción que se disputará contra o 3º por abaixo da 1ª, aínda por perfilar.

Os que tamén disputarán a promoción, un ano máis para intentar alcanzar a División de Honra Prata, será o Calvo Xiria. Os carballeses selaron en Oviedo (onde ascendía hai 11 anos á 1ª estatal) o seu paseo á Fase de Ascenso a esa DHP. Non podían fallar pois o Lalinense esperaba un tropezo para roubarlle esa praza. Non fallaron e agora toca desprazarse a Avilés, a fin de semana do 17, 18 e 19 deste mes para disputar esa fase ante os anfitrións Cafés Toscaf Avilesina, os cataláns de Uniuna Esportiva Sarriá e os valencianos do Visconfort Maristas Algemesí, encadrados no Gr.II.

1ª Estatal Masculina, xornada 30

  • Resultado: Unión Financiera Oviedo - Calvo Xiria (22-27)
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (4), abril Castiñeiras, Cuco, Julián López, Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (3), Chimpo (9), Carlos García (3), Juanka, Enrique Pena, Manuel Méndez (4), Jorge Bouzas (4), Iván Amarelle.
  • Parciais cada 5´: 1-3/ 3-6/ 6-7/ 7-11/ 9-13/ 11-15/Descanso/13-18/13-20/ 13-22/ 16-25/ 19-25/ 22-27 Final.

 

Non perdoou ocasións o Xiria que saíu concentrado e sabendo o que se xogaba ante un rival que non tiña máis aliciente que pechar a tempada ante o seu público. Comezou ben o cadro verde, pero os locais pouco a pouco foron meténdose no partido, para deixar un 11-15 ao descanso positivo. E non quixeron deixar nada para o final, e cun 2-7 á volta dos vestiarios practicamente finiquitaron o choque.

Ao final, explosión de alegría entre equipo e os afeccionados que se trasladaron a Oviedo, todos pensando en Avilés.

Calvo Xiria a Fase de ascenso

2ª Autonómica Masculina, xornada 24

  • Resultado: Bm.Pontedeume - Bm.Xallas (27-25)

Derrota dos xalleiros na final desputada en terras eumesas. Ambos equipos fixeron desfrutar a unha grada repleta e totalmente entregada, que nos primeiros minutos viveu un duelo moi igualado. Antes de chegar ó descanso, un baixón na intensidade defensiva dos visitantes propinou unha desvantaxe de 5 goles ao descanso, cun 16-11 no marcador.

Co paso polos vestuarios os xalleiros saíron máis centrados, e pouco a pouco foron recortando as distancias no marcador, conscientes de que incluso o empate era válido para conseguir o ansiado ascenso. A falta de 5 minutos, volvían a poñerse 4 goles abaixo, máis un tempo morto e un cambio na defensa púxoos a 2 tantos no marcador, fallando unha contra e un lanzamento do extremo que os metería no partido. Non puido ser e os de Santa Comba quedan a expensas de saber o seu rival na promoción de ascenso.

Máis información

Todas as novas do balonmán costeiro

Comentarios