Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Cereo acolle unha xuntanza informativa sobre os impactos dos parques eólicos Alto do Torreiro e Bustelo-Baralláns

Xuntanza Informativa Eolicos Cereo
Cereo acolle unha xuntanza informativa sobre os impactos dos parques eólicos Alto do Torreiro e Bustelo-Baralláns

O que non fan as administracións nin as empresas promotoras, tócalle facelo ás entidades sociais. Este sábado 25 de setembro, Ana Martina Varela, da comprometidísima Petón do Lobo (entidade a través da cal podemos ir debullando os máis de 40 parques que se nos veñen enriba neste novo Complexo Eólico) será a responsable de poñer un pouco de luz ás sombras creadas polos viraventos en toda a comarca.

Neste caso, a xuntanza informativa, organizada polas Asociación de Veciños de Cereo, a Asociación Río Lourido e a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, xunto coa Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra, será ás 18:00h na explanada do local social de Cereo, para analizar as afeccións dos parques eólicos Alto do Torreiro e Bustelo e Baralláns.

Estes dous parques afectan directamente ás parroquias de Cereo e Valenza no Concello de Coristanco (Bustelo- Baralláns) e ás parroquias de Corcoesto e Silvarredonda no Concello de Cabana de Bergantiños (Alto do Torreiro). Segundo denuncian as entidades, “estes dous parques eólicos en realidade son un mesmo parque, dividido arti cialmente para que a súa potencia instalada non exceda dos 50MW. Ambos proxectos son idénticos, comparten liñas de evacuación e a mesma subestación colectora. Por todo isto estamos ante un caso típico de fragmentación irregular, fragmentación que favorece na súa tramitación a empresa promotora ao non avaliar os impactos non seu conxunto senón fragmentados en dous parques”.

A todo isto hai que engadir os impactos que poden ter sobre os veciños pola “cercanía dos aeroxeradores ás casas e núcleos de poboación, sobre as fontes de suministro de auga, a fragmentación e deforestación sobre os nosos montes provocadas polas propias infraestructuras, accesos e liñas de evacuación, poligonais sobredimensionadas e afección sobre a fauna e a flora”.

En calquera caso, invitan a toda a veciñanza a achegarse para estar ben informado.

NOVAS SOBRE OS EÓLICOS

Comentarios