![Alcaldesa de SAnta Comba]()
A Alcaldesa de Santa Comba María Pose coa Subdirectora Xeral de Espazos Naturais da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Nieves López A Alcaldesa de Santa Comba María Pose presentou onte na Consellería de Medio Ambiente un proxecto inicial do que serán "
As Sendas do Xallas", unha serie de actuacións de limpeza, recuperación, sinalización, dinamización e posta en valor de espazos singulares no entorno do Río Xallas. A rexedora solicitou a colaboración e participación do ente autonómico nesta iniciativa municipal que pretende abrir á poboación xalleira ás fantásticas posibilidades de vertebración do entorno rural e das potencialidades turística que ofrece un valor natural como é o río Xallas. A primeira fase do proxecto, a que se plantexou hoxe na Consellería, incluiría as actuacións a realizar en 3 zonas. A primeira delas, na Présa da Xesteira ( Arantón), e os espazos a carón do río que a acompañan, recuperando desta maneira unha zona de valor tanto histórico como natural. A segunda actuación sería a creación dunha senda desde a Área recreativa de Esmorode (Alón) ata a Ponte de Tapia (San Cristobo) e volta a Esmorode, onde os visitantes poidan disfrutar da Présa do Outeiro e dunha zona de Río realmente atractivas. A terceira das actuacións deste futuro plan municipal sería no entorno do Río Abuín, principal afluente do Xallas, na localidade da Illa( Freixeiro), poñendo en valor un espazo único á beira do río, con muiños, batáns e especies arbóreas autóctonas. A Alcaldesa explicou tamén á subdirectora Xeral a importancia da pesca fluvial no Río Xallas, actividade que atrae a moitos visitantes á zona.
![Senda fluvial do rio xallasentre Esmorode e Tapia]()
Senda fluvial do rio Xallas entre Esmorode e Tapia
Fonte