Venres. 03.12.2021
El tiempo

Santa Comba celebra o Día da Atención Temperá repasando as cifras da incidencia do servizo

Maria Pose e Ester Espasandin no Servizo de Atencion Tempera de Santa COmba
Maria Pose e Ester Espasandín estreaban o seu primeiro día de novo no goberno no Servizo de Atención Temperá de Santa Comba
Santa Comba celebra o Día da Atención Temperá repasando as cifras da incidencia do servizo

Onte 16 de xuño foi o Día da Atención Temperá. O concello de Santa Comba foi un dos concellos do rural de Galicia pioneiro na posta en marcha do Servicio de Atención Temperá, comezando en outubro 2018, sendo entón alcaldesa de Santa Comba, María Pose, que precisamente onte volvía estrear cargo con esta foto. Tamén ao seu carón estaba a Concelleira de Servizos Sociais Esther Espasandín, ofrecendo un servizo xunto co Concello de Mazaricos e posteriormente e ata a actualidade, xunto co Concello da Baña.

Desde a apertura deste servizo (outubro de 2018) solicitaron atención neste servizo 77 familias das cales 73 foron atendidas, e continuan sendo atendidas un total de 51 familias de nenos/as entre 0 e 6 anos de idade da nosa contorna.

O obxectivo desde a súa posta en funcionamento foi e sigue sendo o de promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.

Que é o Servizo de Atención Temperá?

O SAT é un servizo de carácter público e gratuito, que atende á poboación infantil de 0 a 6 anos, ás súas familias e á súa contorna e que ten por obxectivo dar resposta o máis axiña posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os/as nenos/as con trastornos no seu desenvolvemento ou con risco de padecelos, para que reciban todas as axudas necesarias para poder potenciar a súa capacidade de desenvolvemento e benestar.

Fai valoración funcional dos trastornos de desenvolvemento dos/as nenos/as. Ademais presta apoio en todas as áreas de desenvolvemento do/a neno/a, así como dá apoio, información, habilitación e formación da familia.

Calquera familia residente nos concellos de Santa Comba ou A Baña poderá solicitar información e atención no mesmo, por derivación pediátrica, chamando por teléfono 687070416 ou acudindo ao Servizo de Atención Temperá, sito no Centro de Cultura de Santa Comba (Avda. Alfonso Molina s/n).

Novas relacionadas

comentarios