Venres. 23.10.2020
El tiempo

O Servizo de Atención Temperá da Costa da Morte xa recibíu peticións de 35 familias

Presentacion do Centro do Servizo de Atención Temperá en Vimianzo
Presentacion do Centro do Servizo de Atención Temperá en Vimianzo
O Servizo de Atención Temperá da Costa da Morte xa recibíu peticións de 35 familias

Exemplar foi a posta en común de 10 concellos da Costa da Morte para a posta en marcha, en menos dun ano, dun servizo tan prioritario como o Servizo de Atención Temperá. Camariñas, Carnota. Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas uniron forzas para poder ofrecer, conxuntamente un necesidade tan básica en materia sanitaria.

Onte coñecíamos de preto ás profesionais que fan posible este servizo, que avisaban ás familias de que “Canto máis axiña se detecten as posibles dificultades, os resultados da atención temperá poden ser mellores”.

Hoxe sumerxímonos nas súas sedes físicas (no Ézaro, en Praza Maior, 97; e en Vimianzo, na Avenida Finisterre, 12), para coñecer axudar aos [email protected] de 0 a 6 anos con algunha necesidade especial a facilitar o desenvolvemento da autonomía persoal e a inclusión social.

Os alcaldes da comarca explicaron que xa foron 35 as familias que se puxeron en contacto co Centro.

Por exemplo, a alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo destacar “a enorme importancia de dar cobertura deste tipo aos nenos e nenas que máis o necesitan, e nos primeiros anos da súa vida, que é cando o traballo é fundamental. Tamén para as familias, que moitas veces existe unha falta de información e aquí esa faceta está tamén cuberta”.

Á vez, o alcalde de Muxía, Iago Toba, sinalou que “coa apertura deste segundo centro continuamos ampliando servizos fundamentais para a nosa sociedade, e aumentamos a cobertura para que as nenas e nenos gocen da atención que necesitan”. Toba aproveitou para lanzar un dardo á Xunta: “Lembrar, tamén, que esta é unha competencia que debería asumir a Xunta de Galicia e que os Concellos precisamos de axudas para facer fronte de maneira óptima a prestación de servizos tan importantes para a comunidade”.

Máis información

Teñen moita información neste tríptico informativo que poden descargar, e poden ademais pedir máis información no 696.557.782 ao punto do Ézaro (Pedra Maior, 97) e no 669 514 076 no punto vimiancés (na Avda. Finisterre, 12-1º) ou a través do correo [email protected]

Novas relacionadas

comentarios