Luns. 17.06.2019
El tiempo

Santa Comba convírtese na capital nacional do Ioga co festival Shanti Om

Imaxe do Festival Shanti OM do ano pasado en Santa Comba
Imaxe do Festival Shanti OM do ano pasado en Santa Comba
Santa Comba convírtese na capital nacional do Ioga co festival Shanti Om

Este venres 14 de xuño dará comezo a cuarta edición do  Festival Shanti Om, festival do mundo do ioga en Santa Comba, que durante tres intensas xornadas contará con máis de 70 actividades programadas en diversos espazos habilitados no entorno da Casa do Pozo da capital municipal.

A organización, que organiza a Asociación Chakra e colabora o concello de Santa Comba, conta dirección técnica de  Anahata Lovelive Yoga, e espera reunir no evento a máis de medio milleiro de persoas provintes de diversas partes de Galicia, España e incluso de paises como Holanda, Francia ou a India.

A idea do nacemento do festival, dado o creciente interese xurdido en Santa Comba polo ioga, foi a de facer  un evento alternativo con actividades que benefician á saúde e ao desenvolvemento persoal con outra forma de traballar o corpo e a mente, e un espazo para relaxarse.  

A iniciativa, que xurdiu dun grupo de pioneras e pioneros que asistían ás clases de ioga, converteuse agora nun festival de referencia nacional neste tipo de citas. Haberá clases sobre os distintos tipos de Ioga (Hata Yoga, Astanga, Yoga integral, Yoga tibetano, o Kundadilini Yoga), aberttas a persoas que pretenden iniciarse ou que buscan o perfeccionamiento.

También haberá danza en distintas modalidades encontros para a meditación. Entre os ponentes figura Jorge Casado, experto en Rainbow Reiki, e o mestre que a Asociación Chakra ten durante todo o ano. A presidenta da Asociación Cristina Pereira destaca que “ o ioga non deixa de medrar en Santa Comba, e cada vez é maior o número de persoas que asisten ás actividades. Este ano mantivemos en funcionamento 3 grupos de ioga   que se realiza dous días á semana, os martes e os xoves. Ademáis desde a Asociación impulsamos o 1º Retiro de Ioga, que se celebrou en Fisterra e que tivo a Jorge Casado como auténtica alma Durante o retiro, as e os participantes aloxáronse no marco incomparable do Hotel Bela Fisterra, e realizaron distintos obradoiros, actividades, moitas delas en contacto coa natureza”

No festival deste fin de semana non faltarán os obradoiros, as actividades para os nenos e nenas, stands de artesanía e productos ecolóxicos, ou un área de restauración especializada, con comida vegana e vexetariana. Tamén haberá zona de  acampada de balde no entorno da Vivenda Comunitaria xalleira.

Imaxe do Festival Shamti ON do ano pasado en Santa Comba 2

A música terá cabida, por suposto no Festival Shanti OM. É máis, a parte musical é  onde a internacionalidade do festival e o salto de calidade comeza a ser máis evidente, con destacados concertos.

No programa cabe resaltar a cantante folk británica Carrie Tree , que actuará actuará o venres ás 22h;  e a norteamericana Sirgun Kaur, que interpreta canto sagrado e é coach espiritual. Kaur ofrecerá un concerto o sábado ás 22h e unha masterclass o domingo ás 10:45h. 

O festival “da paz, o amor e a unión de corazóns” será inaugurado o vernes pola tarde pola alcaldesa en  funcións de Santa Comba, María Pose.

A presidenta de Chakra Cristina Pereira quere agradecer “ ao numeroso grupo de voluntarias e voluntarios que disfrutan co ioga en Santa Comba e que poñen o seu gran de area para que o festival saia adiante; do mesmo xeito que a implicación do Concello e dos seus traballadores, desde Protección Civil ata os máis diversos departamentos; asi como colaboracións de marcas internacionais como Yogi Tea, ou pequenas empresas locais como Xallas publicidade ou Ler Librarias, que apostan por este proxecto e nos facilitan enormemente o traballo da organización do Festival”.

Festival Shanti Om Santa Comba 2019

Comentarios