Venres. 19.04.2024
El tiempo

Santa Comba mellora camiños rurais en Barbeira, San Martiño, Codesedo e Rebordelos

camiño rural
Santa Comba mellora camiños rurais en Barbeira, San Martiño, Codesedo e Rebordelos

Santa Comba vén de conseguir incluirse no Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. Así, solicitou axudas por unha banda para viais en Barbeira en San Martiño, na parroquia de Fontecada, e por outra para Codesedo, tamén en Fontecada, e Rebordelos, en Cícere.

As obras de Barbeira e San Martiño adxudicáronse a obras á local empresa Excavaciones Agra Castro, con domicilio en Santa Comba, por un importe total de 48.000 euros co IVE incluído e un prazo de execución de 29 días.

No caso dos camiños de Codesedo e Rebordelos os traballos adxudicáronse á empresa Excavaciones Yoni Tuñas pola cantidade de 38.572,53 euros co IVE incluído e o prazo de execución das obras quedou fixado en 30 días.

Comentarios