Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Santa Comba pide a ampliación de servizos no Centro de Saúde

Reunion Sergas Santa Comba
Santa Comba pide a ampliación de servizos no Centro de Saúde

Celenrouse esta mañá unha reunión entre a alcaldesa de Santa Comba, María J. Pose, reuniuse co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o delegado provincial da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez. Unha xuntanza para iniciar os trámites do traspaso ao Sergas do centro de saúde da capital xalleira.

Ata agora o Concello asume un custo de 70.000 euros ao ano por encargarse da limpeza, luz, calefacción ademais de correr con todos os gastos da contratación dun conserxe.

O máis importante é que a alcaldesa pediu tamén a mellora das infraestruturas do centro, e reiterou na petición dun aparello de Raios X e a necesidade de habilitar no consultorio de Santa Comba unha unidade de saúde mental, que se fai máis necesaria por mor dos problemas derivados da pandemia.

Comentarios