Venres. 29.03.2024
El tiempo

Santa Comba #QuedanaCasa gracias ao esforzo do persoal municipal

Proteccion Civil de Santa Comba facendo a compra a xentes en risco
Proteccion Civil de Santa Comba facendo a compra a xentes en risco
Santa Comba #QuedanaCasa gracias ao esforzo do persoal municipal

Días longo e emocionantes os que están vivindo o persoal municipal do Concello de Santa Comba, traballando arreo para que a xente respecte a ó máximo a consigna de #quedanacasa.

Xornada maratoniana a que protagonizaron facendo posible o reparto de alimentos ás familias máis necesitadas para que non queden illadas; comedor sobre rodas; compras á xente maior de mobilidade reducida e máis risco de saúde; recollida de medicinas e reparto para xente maior que vive soa; desinfección de espazos e vehículos.

O SAF

Mención especial merecen as profesionais do Servizo Municipal de Axuda no Fogar, que día a día de desviven na atención dos enfermos e xente que os necesita más súas casas. Estas profesionais son un colectivo exposto, e o material de protección e desinfección céntrase en protexer a elas a ós seus atendidos; do mesmo xeito que ó persoal sanitario e de limpeza do Centro Médico.

Proteccion Civil indo a farmacia por tiu

Homenaxe

Pola noite vivíronse momentos de gran emoción co agradecemento mutuo entre cidadanía e distintos corpos ó servizo do pobo: Protección Civil, Policía Local e Garda Civil. As familias saíron a aplaudir ás súas fiestras, e os corpos de seguridade fixeron un pasarrúas agradeciendo que a veciñanza quededa casa, cumpla coas instruccións para expoñerse o menos posible durante este periodo de Alarma; agradecendo o traballo incansable do persoal de comercios de primeira necesidade, como alimentación, farmacias, e ese persoal sanitario do centro médico que se está a multiplicar.

Hoxe, sábado, probablemente é que a homenaxe sexa polas parroquias.

Novas novas do Coronavirus

Comentarios