Venres. 29.03.2024
El tiempo

Santa Comba retoma a parcelaria de Freixeiro, paralizada desde os 70, para facilitar a expansión gandeira

Alcaldesa de Santa Comba Maria Pose con Trenor
Santa Comba retoma a parcelaria de Freixeiro, paralizada desde os 70, para facilitar a expansión gandeira

Trala concentración de Santa SAbiña, Santa Comba retoma, 40 anos despois, a reestruturación parcelaria de Freixeiro. Así o conviron a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e o delegado da Xunta de Galicia na provincia, Gonzalo Trenor nunha reunión realizada esta semana.

María Pose está satisfeita co logro acadado porque “supón retomar unha concentración paralizada desde a década dos anos 70 do século pasado pero que hoxe é moi necesaria tanto para os veciños como para ofrecer os servizos que demandan unhas explotacións agrarias modernas e con futuro xa que incorporaron xente nova”.

A alcaldesa xalleira, que ademais está a negociar agora mesmo a ampliación do polígono industrial, sabe que a gandeiría é un dos sectores máis importantes do Concello e precisa de todo tipo de impulsos para ser competitivo polo que considera que esta parcelaria é un avance máis na busca de garantir o futuro das explotacións gandeiras que se beneficiarán desta parcelaria.

A concentración parcelaria traballa sobre unha superficie de 1.677 hectáreas, afectará a 10.250 parcelas e a 706 propietarios.

Novas relacionadas

Comentarios