domingo. 10.11.2024
El tiempo

A concentración parcelaria que non acaba de concentrar

Plano da Concentracion Parcelaria de Santa Comba
Un dos planos da Parcelaria
A concentración parcelaria que non acaba de concentrar

Este ano a Xunta está sacando adiante concentracións parcelarias que levan procesos de máis de 30 anos. A de Baio foi unha das rematadas estas pasadas semanas, e outra que está en proceso de xposición pública é a de Santa Sabiña, a última que queda por aprobar en Santa Comba.

Un proceso que leva máis de 40 anos de xestións e litixos. A Xunta, tras décadas no caixón, retomaba o proxecto en 2016. En outubro de 2017 realizábase unha presentación pública, pero de novo en 2019 era necesaria outra xuntanza masiva no Edificio de Servizos Múltiples para dar conta das novidades. O pasado mes de agosto de 2021 saían os planos e este pasado 30 de marzo realizábase unha xuntanza información sobre aprobación final do Acordo. Queda pendente só a entrega dos títulos.

Reunion en Santa Comba para a parcelaria
Unha das reunións multitudinarias celebradas no auditorio do Edificio de Servizos Múltiples

Unha Concentración que involucra a 1046 veciñ@s, que afectou a case 9.500 parcelas dunhas 1500 hectáreas (unha das máis importantes de Galicia a este nivel), que provocou ademais a apertura de 83 km de novos camiños.

Cómpre lembrar que a Concentración, como ben indica a palabra, ten como obxectivo a consecución de parcelas máis grandes, máis útiles para traballar, para loitar co minifundismo, un dos grandes problemas para o desenvolvendo do noso agro.

Por iso, vendo os mapas, a veciñanza de Santa Comba poida botar en falta en diversas zonas parcelas algo máis grandes (non tan estreitas) e útiles para traballar, ou camiños máis rectos como si se fixo nas parcelarias de Bazar ou Alón.

Ben é certo que a orografía os pés do monte de San Bartolomé e das minas de Barilongo tamén condicionaron as actuacións. E por suposto, hai que ter en conta todo o que implica social e emocionalmente esta clase de proxectos, nunha Galicia na que o sentimento de propiedade entre as familias é absoluto.

Novas relacionadas

Comentarios