Santa Comba tamén recolle os biorresiduos no contedor marrón
Santa Comba é un deles, e este venres foi a presentación en sociedade deste programa de recollida de biorresiduos. Unha comitiva da Xunta achegouse á capital xalleira, para visitar o expositor de Sogama sobre o contedor marrón para materia orgánica no marco da Semana europea da prevención de residuos.
Así, Santa Comba hoxe realizará – a través da empresa Coregal- o primeiro servizo de recollida de contedor marrón, que enviará a Sogama, para converter o material orgánico en compost de calidade para usar na agricultura e xardinería; é dicir, poñer en práctica o lema da campaña “o marrón, o contedor que devolve vida”.
A cita serviu tamén para repartir entre a veciñanza parte dos primeiros 2.000 quilos de compost “certificado” producidos na planta de Cerceda, como fixeron A Laracha e Carballo a semana pasada co seu propio compost creado durante o primeiro ano de andaina medioambiental