Venres. 29.03.2024
El tiempo

Centos de veciñ@s de Carballo e A Laracha usan a primeira fornada do compost urbano do programa #TitesaChave

Bolsas de compost de Ti tes a chave
Centos de veciñ@s de Carballo e A Laracha usan a primeira fornada do compost urbano do programa #TitesaChave

Son centos os veciños de Carballo e da Laracha os que participan dende hai case 2 anos no programa “Ti tes a chave”. O programa de recollida da fracción orgánica de residuos sólidos urbanos terá que estar implantado en todos os concellos antes de que remate o 2023, e os dous concellos bergantiñáns son pioneiros na materia.

Así, despois de 2 anos levando as bolsas de lixo orgánico aos contedores marróns, toca sacarlle rendemento. A pasada fin de semana foron 400 os veciños e veciñas de Carballo que pasaron o domingo polo posto da campaña instalado no Mercado, para recoller unha bolsa co compost producido por elas mesmas, que poderán utilizalo para que as súas hortas urbanas medren máis vigorosas.

O Concello aproveitará o éxito desta iniciativa para celebrar a Semana Europea da Redución de Residuos, do 20 ao 28 deste mes. Co lema “O marrón, o contedor que devolve a vida”, o xoves 25 haberá un punto informativo.

Na Laracha

A Laracha fixo o propio o mércores instalando un posto informativo situarase na Praza do Concello entre as 10:30 e as 13:30 horas para entregarlles de balde bolsas con medio quilo do primeiro compost producido na planta de Sogama.

Do mesmo xeito, no estand tamén se ofreceu á cidadanía en xeral a posibilidade de darse de alta no programa e recibir o kit de voluntariado marrón, formado por un cubo ventilado de dez litros de volume, bolsas compostables e unha chave coa que abrir os colectores da quinta fracción.

Novas relacionadas

Comentarios