Santa Comba tamén rescatou o seu Entroido dos Ben Vestidos e dos Varreduiros despois de máis de 60 anos

Como nos presta ver esta recuperación de festas tradicionais. Como vimos co Antroido do Burro de Valenza de Bergantiños, esta pasada fin de semana a A.C. Axio Mouro a e A.V. San Xoán de Grixoa, rescataba Entroido dos Ben Vestidos e dos Varreduiros despois de máis de 60 anos sen celebrarse.
Este pasado sábado a comitiva, ou cuadrilla festexeira, ao son das gaitas e as pandeiretas e escoltadas pola Garda Civil (raparigos que se encargan de comprobar se hai xente nas casas), percorreu aldeas de San Xoán de Grixoa, por suposto, de San Cristovo, Truebe, Tapia, Armán, Mallón ou Vilar de Célticos. .
A tradición deste Entroido está marcada pola dualidade dos Ben Vestidos que se encargan de bailar vestidos de branco e lucindo uns panos e uns sombreiros marabillosos, que definían as cuadrillas.
Os outros protagonistas son os Varreduiros, personaxes que ocultan a cara e van vestidos con farrapos, que se dedican a estresar ás "preñadas" e van facendo pequenas estremonías polas casas (sacan os bancos para fóra, cambian de sitio cousas, abren portas…). Nun momento dado da festa "as preñadas" piden un médico e "dan a luz" alí mesmo e eses nacementos celébranse con máis festa.
Non faltan na escenografía outros personaxes como crego ou abade tamén andan polo medio e a encargada de pedir a esmola é a da boaventura.
Todo para seguir demostrando que o entroido da nosa comarca é un tesouro patrimonial.