Martes. 17.09.2019
El tiempo

A vida volve á Casa do Pozo de Santa Comba coas visitas teatralizadas “Viaxa con Nós”

O Grupo Viaxa con Nós prepara as Visitas teatralizadas no Pazo de Santa Comba
O Grupo Viaxa con Nós prepara as Visitas teatralizadas no Pazo de Santa Comba
A vida volve á Casa do Pozo de Santa Comba coas visitas teatralizadas “Viaxa con Nós”

Cartel de Visitas Teatralizadas en Santa Comba

Xa o ano pasado, o éxito das visitas teatralizadas na Casa do Pozo deixaban a porta aberta para repetir experiencia. E o novo grupo do Obradoiro de Emprego “Xallas-Barcala-Dubra IV” xa teñen en marcha unha nova serie de espectáculos, para dar vida ao Punto de Información Turística en Santa Comba.

O grupo “Viaxa con Nós” anuncia xa visitas, orientadas para grupos cun máximo de quince persoas e previa reserva, terán lugar os vindeiros luns 8, 15 e 22 de xullo ás 12:00h da mañá.

Cunha base histórica, a visita por esta casa fidalga do S.XIX, é coma entrar nunha máquina do tempo que nos transporta a outra época. As persoas que queiran asistir a esta viaxe desfrutarán dun percorrido pola historia, a sociedade, a educación, o mundo da empresa, e o fenómeno migratorio no S.XX na vila de Santa Comba.

As persoas interesadas en vivir esta experiencia única deben realizar a súa reserva no email: [email protected] ou no teléfono 643569224.

Novas relacionadas

Comentarios