Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xunta pide fondos europeos para arranxar a estrada autonómica de Santa Comba a Santiago

Ethel Vazquez e Gonzalo Trenor de reunion co lcalde de Sata Comba David Barbeira
Ethel Vazquez e Gonzalo Trenor de reunion co alcalde de Sata Comba David Barbeira
A Xunta pide fondos europeos para arranxar a estrada autonómica de Santa Comba a Santiago

A importante conexión de Santa Comba con Santiago necesita unha mellora. A AC-406 entre a capital xalleira e Portomouro pide a berros unha reforma do firme. Nunha reunión, a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informaba ao alcalde xalleiro que vén de formalizar a petición 10 millóns de euros dos fondos europeos de recuperación para levar a cabo o acondicionamento da estrada autonómica,

A conselleira pide o apoio a Concello e Empresarios para a demanda, que lle daría continuidade ás obras rematadas o pasado ano entre Abuín e o parque empresarial, a variante de Salgueiroas, que supuxeron un investimento autonómico de 4,3 millóns de euros.

As obras mellorarían o trazado, coa rectificación de curvas e o acondicionamento do firme ao longo de máis de 10 quilómetros da vía, en beneficio dos concellos de Val do Dubra, A Baña e Santa Comba.

Comentarios