luns. 21.04.2025
El tiempo

“Un trago de vodka Taxus pide outro trago”

“Un trago de vodka Taxus pide outro trago”
Tino Pose o vimiances do vozka Taxus

Non hai moito que coñecimos a proposta empresarial de vender auga do mar nada dende Pasarela. Unha idea, dende logo, pioneira. Hoxe coñecemos outra demostración da cultura emprendedora da comarca de Soneira, e o facemos falando co vimiancés de Salto, Tino Pose, que a pesar de non cumplido aínda a trintena, xa anda metido en negocios de destilería.

I é que este rapaz criado no campo, deixou os campos para sumerxirse nas augas dos bosques da reserva galego-asturiana dos Oscos-Eo. Prantou unha nave en Vegadeo, Destilería Oscos, e xa leva varios meses promocionando a súa marca de vodka TAXUS, “elaborado coa rectificación do mellor trigo do norte e a auga dos máis puros manantiais da Reserva Oscos-Eo”.

El mesmo define á súa familia cun frase moi sinxela pero moi clara: somos xente con intención de facer algo

  • QPC: Tino sae dunha boa familia de emprendedores, non si?

Si, teño moitos familiares que crearon distintos negocios, xente con intención de facer algo. O meu pai, o principal emprenedor que sempre tiven preto, fixo medrar unha boa fábrica de piensos e unha explotación agrícola. Pero ademais a miña tía Estrella ten un hotel, a tía Chelo unha tenda, ou meu tío Manolo que sacou adiante unha carpintería de aluminio.


  • QPC: No teu caso, marcharches por obrigación ou por gusto?

A verdade é que non quixen escapar, pero atopeime nos Oscos o espazo ideal para desenvolver unha idea que tiña na cabeza dende hai anos e viñen intentar levala adiante. Estiven facendo Enxeñería agrícola, pois na casa sempre estivemos moi vencellados á terra, pero levaba tempo coa idea dunha destilería de vodka, e foi o momento de sacalo adiante.


  • QPC: E… por que vodka?

Por varias razóns. O vodka é a bebida máis consumida do mundo, con EEUU como maior consumidor, pero tamén con gran presencia en Sudamérica, Rusia e os países do este de Europa… E nun mundo globalizado como o que estamos, aprézase moito a calidade dun vózka bo.
Ademais, atopeime as materias primas ideais na zona dos Oscos, o cóctel perfecto.


  • QPC: Pero en Galicia… Bébese moito vózka?

A realidade é que en España hai un minoritario de consumo de vodka. Pero non porque bebamos pouco, pois somos o segundo consumidor de xenebra, que se puxo de moda estes últimos anos. Pero o ano pasado subimos un 7% o consumo de vodka, así que levamos un cremendo continuo pero moderado.


  • QPC: E o feito de ser produto local é un bo reclamo para pelexar cas grandes marcas europeas?

Loxicamente estamos rodeado de grandes multinacionais destiladoras, que copan un 98% do mercado. Pero un produto local tira sempre máis para a xente da zona. E ademais temos un produto de moita calidade, e iso sempre se valora.


  • QPC: E onde o podemos atopar a día de hoxe o Taxus?

Comezamos por Asturias e Galicia, pero xa estamos en Cataluña, polas provincias e mesmo en certas destilerías de renome de Barcelona. E para facernos cunha botella podemos atopalo en determinados Eroskis e nos Corte Inglés de Asturias e Galicia, así como nalgunha tenda especializada.


  • QPC: Que obxectivos se marca Taxus?

O gran obxectivo é ter un crecemento sostible que nos permita manter a empresa e ir espallando a marca pola península. De aquí a un ano esperamos estar xa en toda España, pero ademais xa temos contactos para a internalización do produto, por Europa, América mesmo Asia.
En canto a números, a intención, a ver se podemos chegar, é facer este ano unhas 30.000 botellas.

Pero ese non é o único obxectivo de Taxus. Tamén pretendemos educar no consumo do vodka, dar novas posibilidades


  • QPC: Daquela, que nos recomendas?

O caso é que en España somos de trago longo e non de trago curto, como noutros países do norte onde saborean o vodka só.
Pero en todo caso, actualmente o combinado que máis se bebe no mundo é o vodka-tónica. Se aromatizas con limón e con pouca tónica está boísimo. Podedes botar un ollo en taxusvodka.com, que temos boas receitas.


  • QPC: E xa para rematar, como é a resposta da xente? Como foron esas as acollidas para a presentación da marca pola zona?

Pois estivemos encantados de chegar á Laxe pola Ventana, estivemos tamén no Guileta de Santa Comba e no Vegas de Camariñas, todos con moi boa acollida. A xente quedou encantada. Pasa unha cousa, que cando a xente que o proba, repite, un trago pide outro trago. Ao principio son algo reacios para probar un produto que non se bebe tanto, pero en canto o proban, repiten sempre.


Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios