Venres. 19.04.2024
El tiempo

25 anos de artesanía viva no Castelo de Vimianzo

Artesans do Museo de Artesania en vivo do Castelo de Vimianzo
Varios artesáns do Museo de Artesania en vivo do Castelo de Vimianzo
25 anos de artesanía viva no Castelo de Vimianzo

Ao longo do ano, son as palilleiras Nemanquiñas de Vimianzo e as fiandeiras do liño da AC. Santiaguiño de Carreira as que manteñen vivo o Castelo de Vimianzo. Pero as fins de semana de todo o ano, a Semana Santa e o verán, o Museo de Artesanía en vivo da fortaleza soneirá cobra aínda máis vida.

Esas datas especiais Chema Suárez anda armando barcos e nasas coa madeira; Manuel anda facendo cestos; as finadeiras de “Arte en palla” de Baíñas andan trenzando os famosos sombreiros; os oleiros de Buño andan modelando barro; e as da Asociación de Amigos do Liño andan ademais facendo xabón artesán.

Un lugar inmellorable para coñecer oficios centenarios que aíndan seguen vivos e que se teñen transformado en “industria” económica. Ademais, as conversas cos propios protagonistas son tremendamente interesantes, e de paso que mercas un cesto, Manuel estará encantado en contarche calquera dúbida que teñas sobre a súa profesión.

Unha Mostra para darlle valor

Para darlle máis protagonismo aos artesáns, o Concello de Vimianzo prepara o 25 aniversario desta Mostra de Artesanía en Vivo, un compendio de obradoiros, actividades, exposicións… para ver e vivir a artesanía. Poderás ver a exposición Sinerxías, da artesá xalleira do vidro Esther Ferreiro, así como disfrutar de moldear cos oleiros, facer maquetas co ebanista, ou ata participar no desfile de moda do liño.

ARTESANIA VIVA 2019 no Castelo de Vimianzo

Novas relacionadas

Comentarios