Mércores. 11.12.2019
El tiempo

A coristanquesa Isabel Andrade recupera a súa marca persoal non mundo da xoiaría na Mostrart

Isabel Andrade, a artesá da xiaria de Coristanco que expón na Mostrart
Isabel Andrade, a artesá da xiaria de Coristanco que expón na Mostrart
A coristanquesa Isabel Andrade recupera a súa marca persoal non mundo da xoiaría na Mostrart

É a terceira vez que participa na Mostrart, pero participar nunha das feiras de artesanía máis importantes de Galicia segue a ser un paso importante. A coristanquesa Isabel Andrade será unha das 56 artesás que participarán na 35ª edición da mostra herculina, dende este xoves 1 de agosto (inauguración prevista as 12 h.), e ata o día 15 nos Xardíns de Ménez Núñez, frente o Cantón Pequeno.

Andrade leva máis de 20 anos, practicando a xoiaría, pero gran parte deles estiven dedicada á docencia da xoiaría no ensino público, os últimos tres anos na EASD Mestre Mateo. “Foi por esta dedicación case exclusiva, e pola falta de tempo, que deixei un pouco de lado o desenvolvemento da miña marca persoal como Isabel Andrade, que agora volvo a revitalizar acudindo á feira de artesanía máis emblemática de Galicia organizada por AGA”, explícanos.

Ten o seu taller en Seavia, “unha aldea moi fermosa do concello de Coristanco, nunha cuadra restaurada da que foi a casa dos meus avós”. Alí traballa con todo tipo de materiais. “Tendo como base principal os metais como a prata, o cobre ou o latón, como xoieira contemporánea o meu traballo basease en gran medida na experimentación con todo tipo de materiais como a madeira, o coiro, a porcelana, o esmalte, o ferro ou as pedras, así como na mestura de técnicas tradicionais e contemporáneas.”

Ten claro cales son as súas pezas favoritas. “Desfruto especialmente facendo aneis porque a pesar de que pode parecer unha tipoloxía de xoia coas súas limitacións polo reducido do tamaño, persoalmente resúltame moi inspirador”.

Imaxe das obras de Isabel Andrade-Foto-AGA
Pezas de Isabel Andrade-Foto-AGA

Andrade valora moi positivamente actividades como o Obradoiro de Xoiería Megalñitica que albergou o Dolmen de Dombate. “Artellar iniciativas arredor da xoiaría en lugares como o Dolmen de Dombate paréceme moi interesante pois os restos arqueolóxicos evidencian que a necesidade de adornar o corpo do ser humano existe xa dende a prehistoria, e a xoiaría megalítica transmite ese simbolismo e sentido da estética que xa tiñan os nosos antepasados”.

Andrade considera fundamental a posta en valor da artesanía. “A artesanía sempre é un valor que debe ser posto en alza, e tamén na Costa da Morte, porque implica engadir un plus de calidade aos produtos; ademáis supón un xeito de conservar as tradicións e os oficios que forman parte da identidade dos pobos así como un modo de vida sustentable para as artesás e os artesáns”.

Novas relacionadas

Comentarios