Venres. 26.04.2024
El tiempo

#25N: Vimianzo segue Dando a Chapa contra a Violencia de Xénero

Dando a chapa polo 25N en Vimianzo
Dando a chapa polo 25N en Vimianzo
#25N: Vimianzo segue Dando a Chapa contra a Violencia de Xénero

Vimianzo viviu un completo 25 de novembro con diferentes actividades. Pola malá, o alumnado dos centros de Primaria achegáronse á Casa da Cultura para disfrutar o espectáculo “A Cabaleira de Medievándalos”.

Medievándalos en Vimianzo

Xa pola tardedesenvolveuse a actividade “Dando a chapa contra a violencia de xénero”, un obradoiro e concurso de elaboración de chapas para a sensibilización contra a violencia de xénero. Unha actividade moi divertida que serviu para unir a artesanía coa concienciación social.

Houbo tempo para facer entrega ao gañador do concurso Imaxe gráfica para a igualdade, obra de Mateo Calzas Moreira, pouco antes de que Diana Mera realizase a súa performance “Un xardín por (re)construír”.

Xa contra ás 20:45h, a corporación concentrouse na Casa da Cultura para gardar un minuto de silencio, ler o manifesto e realizar un curioso xogo de luces que comezaron alumeando na memoria de todas as vítimas e remataron queimando, e mesmo convertendo en fume, os asasinatos machistas.

Dando a chapa polo 25N en Vimianzo

Comentarios