luns. 22.06.2026
El tiempo

Un cento de persoas participaron no XIII Día da Bicicleta de Vimianzo

día da bici en Vimianzo
Un cento de persoas participaron no XIII Día da Bicicleta de Vimianzo

Preto dun cento de persoas participaron esta mañá na décimo terceira edición do Día da Bicicleta de Vimianzo, unha actividade organizada polo Concello co obxectivo de fomentar os hábitos de vida saudables, a práctica deportiva e o uso da bicicleta como medio de transporte sostible.

A xornada comezou coa concentración das persoas participantes na Praza do Concello para, posteriormente, iniciar unha marcha cicloturista de aproximadamente 12 quilómetros. O percorrido levou ás familias e afeccionados á bicicleta por distintas rúas do núcleo urbano e por diversos espazos da contorna do Val de Vimianzo, nun ambiente marcado pola convivencia e a participación.

A iniciativa, xa consolidada dentro da programación deportiva municipal, reuniu a persoas de todas as idades que puideron gozar dunha mañá de lecer ao aire libre combinando actividade física e coñecemento da contorna.

día da bici en Vimianzo 2

Desde o Concello de Vimianzo quérese agradecer a implicación de todas as persoas que fixeron posible o correcto desenvolvemento da actividade, especialmente ao coordinador técnico de Deportes, Víctor Santos; ás agrupacións de Protección Civil de Vimianzo e Camariñas; á Policía Local; ao Club Ciclista Terra de Soneira e ás persoas voluntarias que colaboraron na organización e seguridade da proba.


 

Comentarios