Vimianzo presenta o seu completo programa de actividades para este verán


Coma tódolos anos as actividades inícianse coa posta en marcha da piscina municipal. Dende o pasado venres, a piscina ten abertas as súas portas a partires das 15:00 e a entrada será gratuíta.
A programación deportiva para este verán vai dirixida preferentemente ós máis novos (entre os 3 e os 17 anos). Para eles ai organizadas actividades coma bautismo de vela, excursión ó ecoparque de Marín, campamento urbano, campamento benxamín, excursión ó acuapark, iniciación ó piragüismo, xogos nas parroquias, ligas interparroquiais.
Este ano destaca a excursión que se vai realizar a Asturias onde os rapaces (a partires de 12 anos) poderán gozar dun fantástico entorno natural e practicar actividades relacionadas coa natureza. Tamén ai programadas actividades para os adultos coma os cursos de natación (nenos e adultos), a tradicional ruta BTT, ou a I Xornada Campestre (a partires dos 50 anos) que consistirá en facer unha ruta de sendeirismo e a posterior comida campestre.

Máis información e inscricións
Todos aqueles que desexen inscribirse ou precisen máis información pódeno facer no Servizo de Cultura e Deportes (Casa da Cultura 981 717 288).
Novas relacionadas
- Crónica da Final da Copa: O Soneira é o merecedor campión da Copa da Costa 2011.
- Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- 4 pequenos arqueiros de Vimianzo triunfan en Lugo.
- O sendeirismo vimiancés traspasa fronteiras e culturas.
- A Cherinkas prepara o campionato de frontenis XIV Roland Esgarros.
Fonte
- NOta de prensa do Concello de Vimianzo, da man de Víctor Santos, responsable de Deportes.