![]()
A sala de exposicións Antón Mouzo da casa da Cultura de Cee acolle dende mañáe até o vindeiro 18 de marzo, unha exposición de gravado e pintura que corre da man de Rosana Calvo e C. Beiro. A mostra inaugurase ás 20 horas de hoxe.
Rosana Calvo, natural de Noia, participou xa en varios talleres nacionais en técnicas especializadas en calcografía e placa solar. As súas obras xa foron expostas en varias galerías e é a fundadora de "Dous"; un taller de experimentación das Artes. Entre os traballos de
C. Beiro, tamén de Noia, destaca a ilustración de diferentes portadas e libros (entre eles 10 capítulos da edición príncipe de "O Quixote", pintou a bóveda do teatro Coliseo Noela de Noia, deseña espazos comerciais e proxecta escenografías de obras de teatro.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo