A consellería de Medio Rural segue sen resolver o problema dos montes da Milleira e Gorreis
07:05 24/11/15
Vecinos de Carantona no pleno de Vimianzo. Imaxe de arquivo
Despois de varios anos de loita o conflicto segue sen resolverse. Así que o alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, acaba de dar un novo paso e remitiulle un escrito ao Xefe Territorial de Medio Rural da Coruña, Manuel Rodríguez Vázquez, reiterandolle unha solicitude de entrevista co gallo de tratar a disolución dos consorcios dos montes Milleira e Gorreis, na parroquia de Carantoña.
A esta xuntanza o alcalde ten previsto acudir acompañado de representantes dos grupos políticos con representación na corporación de Vimianzo, de representantes dos veciños e dos asesores xurídicos.
A solicitude de entrevista enviouse por Portelo Único da Xunta de Galicia e adiantouse por FAX o día 20 de outubro de 2015 logo de que así se decidise nunha xuntanza na que participaron representantes dos veciños que reclaman a propiedade do monte como representantes dos grupos políticos que forman a corporación vimiancesa. Un mes despois de que se remitira a solictude de entrevista a Xefatura Territorial de Medio Rural da Coruña aínda non se puxo en contacto co concello de Vimianzo para tratar de acordar unha data para levala a cabo e por iso dende a alcaldía do Concello se remite novamente un escrito solicitando a xuntanza.
Dende a Alcaldía censuran totalmente a actitude mostrada pola Consellaría de Medio Rural, xa que non mostra unha actitude de colaboración co obxectivo de solucionar o problema senón unha actitude evasiva, oscurantista coa única finalidade de adiar un problema que os veciños e veciñas levan sufrindo durante máis de 50 anos.
A semana pasada enviouse outra comunicación reclamando a disolución dos ditos consorcios e impugando as conta do Consorcio do Monte Milleira.
Este é un paso máis na longa noite da veciñanza por recuperar os seus montes aos que o goberno da ditadura privou da propiedade no ano 1960.
Novas relacionadas
- 26-11-14: Aos montes de Milleira e Gorreis crécelles o pelo
- 13-11-14: Os veciños de Vimianzo terán que pelexar máis polos seus montes de Milleira e Gorreis.
- 22-10-14: Os veciños de Carantoña terán que esixir á Xunta os montes Milleira e Gorreis.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Vimianzo