luns. 12.05.2025
El tiempo

A Cruz Vermella abre en Vimianzo un espazo de búsqueda de emprego por internet

A Cruz Vermella abre en Vimianzo un espazo de búsqueda de emprego por internet
A Cruz Vermella abre un EBAE en Vimianzo

Se estás buscando emprego pero non controlas demasiado as novas tecnoloxías, tes un problema. Ademais de apuntarte a cursos de alfabetización dixital ou de búsqueda de emprego a través da rede, podes achegarte xa ao Espazo de Busca Activa de Emprego (EBAE) que a Cruz Vermella de Vimianzo vén de abrir nas súas instalacións en Vimianzo.

I é que o desemprego segue a ser unha das cuestións que máis preocupa á poboación da Costa da Morte, tendo en conta que índice de paro no concello de Vimianzo é do 21%, un 24% na bisbarra.

Así, desde esta semana, todos os martes de 17:00 a 20:00 horas estará aberto na Asemblea Local de Cruz Vermella de Vimianzo un espazo para promocionar a busca activa de emprego (EBAE). Poderá acudir calquera persoa desempleada que estea interesada coa finalidade de aumentar as súas oportunidades á hora de acceder ao mercado laboral, nunha etapa de crise económica onde a dificultade para atopar emprego é maior.

Unha voluntaria con formación en Dereito, Relacións Laborais e Orientación Laboral axudará aos usuarios a elaborar o seu currículum, a preparar entrevistas e a buscar ofertas de traballo a través de Internet, redes sociais e xornais, entre outras cuestións, atendendo ás demandas dos usuarios segundo a situación na que se atopen e as súas necesidades específicas.

Os usuarios contarán con ordenadores e teléfono para contactar con empresas e enviar a súa candidatura a ofertas de emprego, ademais de xornais para consultar ofertas publicadas

Ademais, as persoas interesadas en participar como voluntarias neste proxecto, poden dirixirse á Asemblea da entidade. Esta colaboración dos cidadáns de Vimianzo é de especial relevancia para o éxito do proxecto.

Os colectivos máis vulnerables á hora de atopar traballo son os mozos que buscan o seu primeiro emprego, parados de longa duración, maiores de 45 anos ou inmigrantes. Tanto as persoas que están nalgunha destas situacións como noutras, poden acudir ao novo EBAE co que conta vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Cruz Vermella Vimianzo.

Comentarios