A Cruz Vermella de Vimanzo pon en marcha dous cursos de verán
08:05 27/06/17
Entre o 31 de xullo e o 4 de agosto impartirase un curso de primeiros auxilios de 40 horas de duración
Durante os meses de xullo e agosto, a asamblea local de Cruz Vermella de Vimianzo dous cursos dirixido a toda a cidadanía e que se impartirán nas instalacións vimiancesas. Así, o vindeiro sábado 8 de xullo, celebrarase un taller de maquillaxe infantil en horario de 9 a 14 horas.
Oss participantes poderán aprender as técnicas necesarias para maquillar de unha maneira creativa, eficiente e divertida ós mais pequenos. O taller ten un custe de 50€, tendo un desconto do 10€ para persoas desempregadas, estudantes, socios e voluntarios, e un 20% de desconto no caso de persoas desempregadas durante máis de tres meses. Está aberto a toda a poboación que desexe acudir, sendo a data límite para inscribirse o mércores 5 de xullo.
Ademais desta actividade, dende o 31 de xullo ó 4 de agosto, a asemblea de Cruz Vermella en Vimianzo impartirá un curso de primeiros auxilios, cunha duración de 40 horas, en horario de luns a venres de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. O alumnado aprenderá diferentes técnicas que poden aplicar nunha situación de emerxencia que provoque traumatismos, queimaduras, feridas, entre outras.
O curso ten un custe de 120€, tendo igualmente descontos do 10% e 20% para desempregados, estudantes, socios e voluntarios. O prazo para inscribirse finaliza o mércores 26 de xullo.
Información
Para máis información ou inscricións, os interesados poden contactar coa asemblea de Cruz Vermella en Vimianzo de maneira presencial, no teléfono 981 71 71 36, no correo [email protected], ou a través da web www.formacion.cruzvermella.org.
Novas relacionadas
- A Cruz Vermella de Vimianzo axudou durante o 2016 a 122 persoas
- Os maiores de Vimianzo poden aprender a usar o ordenador coa Cruz Vermella
- A Cruz Vermella de Vimianzo propón un Curso de Mobilización de Pacientes
- A Cruz Vermella organiza en Vimianzo un curso de primeiros auxilios en bebés e nenos
- Cruz Vermella expón a mostra “En familia, por dereito” na casa da Cultura de Vimianzo
- Cruz Vermella busca familias de acollida para nenos e nenas
- A Cruz Vermella de Vimianzo fomenta a sensibilización nos centros educativos
- 2016: A Cruz Vermella de Vimianzo atendeu en 2015 a 182 persoas da bisbarra
- Redacción QPC ([email protected])
- Cruz Vermella Vimianzo