Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Cruz Vermella Vimianzo preto da poboación máis necesitada polo Nadal

A Cruz Vermella Vimianzo preto da poboación máis necesitada polo Nadal

Tempo de Nadal e as accións solidarias van collendo protagonismo. Mágoa que non sexa unha práctica de todo o ano pero sempre son benvidas. Hoxe, dende a Asemblea de Cruz Vermella de Vimianzo cóntannos que xa realizaron dúas fases de reparto de alimentos, e finaliza o ano cunha campaña de entrega de xoguetes a familias en situación vulnerable.

De feito, Cruz Vermella Vimianzo realizou a principios de novembro o reparto de 3.106Kg de alimentos básicos de calidade e de forma totalmente gratuíta entre 50 familias que se encontran en situación de vulnerabilidade do Concello, chegando a un total de 109 persoas beneficiarias. Entre as dúas fases xa se repartiron un total de 6.119 Kg.

Esta actuación enmárcase dentro do Plan 2011 de Axuda Alimentaria en beneficio das persoas máis necesitadas desenrolado polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MARM), a través do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA). Esta é a campaña de recollida de xoguetes baixo o lema “Un xoguete, un sorriso” entregará xoguetes aos nenos e nenas destas 50 familias.

Para facerse socio

Aquelas persoas que desexen máis información poden poñerse en contacto con Cruz Vermella Vimianzo no correo electrónico [email protected] ou chamando ao 670 260 623.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Cruz Vermella Vimianzo.

Comentarios