A Garda Civil imparte charlas en Vimianzo sobre a prevención de delitos
08:09 13/07/17
Tras a vaga de roubos que sufriu a Costa da Morte o pasado inverno, o concello de Vimianzo e a Garda Civil poñen en marcha un ciclo de charlas para a prevención de delitos.
A primeira será hoxe ás 20 horas na casa da Cultura de Vimianzo na que se falará sobre a prevención de delitos no ámbito do comercio. E o 27 de xullo, á mesma hora e no mesmo lugar, abordarse a prevención de delitos no ámbito rural e urbano.
Novas relacionadas
- Convocan unha Xunta Local de Seguridade en Vimianzo para analizar a serie de roubos
- 23-12-16: Hosteleiros e comerciantes de Vimianzo piden máis vixianza ante a vaga de roubos.
- Máis alá do delito
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo