sábado. 15.03.2025
El tiempo

A mostra de Artesanía Viva do Castelo amplía experiencias

A mostra de Artesanía Viva do Castelo amplía experiencias
tear-lino-castelo-vimianzo Os visitantes terán a oportunidade de elaborar un tapiz

A mostra de Artesanía Viva do Castelo de Vimianzo vén de incorporar novos elementos co fin de que os visitantes podan vivir aquí unha experiencia diferente. Nesta ocasión, as novidades veñen da man da asociación Amigos de Liño que acaban de colocar nas depedencias do Castelo dous novos teares de alto lizo a disposición de todos os visitantes interesados e interesadas en manipular con estes mecanismos de confección tradicional, así como de experimentar coas técnicas de fabricación dos tapices.

Este será un novo entretemento para as familias que visitan a fortaleza vimiancesa xa que os teares están colocados a diferentes alturas para que poidan ser utilizados por adultos e menores.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios