Mércores. 13.11.2019
El tiempo

A representación teatral do Asalto ao Castelo conmemora os 550 anos de Guerra Irmandiña

A representación teatral do Asalto ao Castelo conmemora os 550 anos de Guerra Irmandiña
Presentacion do Asalto ao Castelo de Vimianzo Presentación do XXII Asalto ao Castelo de Vimianzo Haberá música, gastronomía, artesanía, deporte… Pero é a representación teatral histórica o gran punto diferencial do festival soneirán. O XXII Asalto ao Castelo de Vimianzo celebrará os 550 anos da Guerra Irmandiña. Sempre coa capacidade de darlle unha volta á historia representada, a organización ten no 1467 unha gran data histórica na que focalizar argumentos. Así, o 1 de xullo, o Asalto recuperará e actualizará a historia desa revolución irmandiña que tiña como centro de todas as iraso Castelo de Vimianzo. Desde el impartíase terror e a xustiza feudal a todos os habitantes das terras da xurisdición (hoxe, repartidas entre os concellos de Camariñas, Laxe, Zas, Muxía e o propio Vimianzo). E os irmandiños do século XXI volverán alzarse contra o poder. Así o explicaron os organizadores (Cherinkas, AXVALSO e o Concello) da festa durante a presentación do programa, que encherá Vimianzo de cousas que facer durante máis dunha semana. Novidades O sábado 24 de xuño haberá un acto especial “Vimianzo, 1467”. No patio do castelo explicarase dunha maneira didáctica en que consistiron estas guerras, como afectou a Vimianzo e tamén como sería a vila e o castelo naquel tempo. Á cita están chamados os historiadores Xosé M. Lema e Carlos J. Galbán, expertos na materia. Durante o relatorio tamén se poderá tomar unha cervexa e desfrutar despois co concerto dos Druidas da Rolda nun lugar perfecto para encherse de historia. Outro acto curioso será o I Enlace irmandiño, que se desenvolverá no campo de entrada ao foso do castelo antes do comezo da Cea Medieval. Nel realizaranse casamentos inspirados no medievo e con licenzas propias, para crear un “rito irmandiño”. Outra actividade que introduce novidades é a das Irmandades parroquiais, abertas á participación de toda a Terra de Soneira histórica (concellos de Camariñas, Vimianzo, Zas, Laxe e parte de Cabana). Este desfile de tropas irmandiñas chegadas de diferentes parroquias acabarán na praza do concello, reuníndose para o ataque final na noite do sábado 1 de xullo. Unha persoa protagonista na representación teatral, dirixida este ano por Michel Antelo, será a encargada de arengar ás Irmandades para o Asalto. Unha legua para correr O sábado 17 quedará inaugurado o Asalto ao Castelo coa celebración da carreira nocturna da Legua Irmandiña. Na súa terceira edición contará tamén cunha Carreira Inclusiva para persoas con diversidade funcional, ademais de diferentes categorías para todas as idades. Para apuntarse hai que acudir á web www.prueba-t.es Actividades para a canteira O Asalto é unha festa para todas as idades. Os nenos e rapaces teñen un protagonismo especial no Asaltiño o ataque ao castelo que se celebra o sábado 1 de xullo a partir das 4 e media da tarde. A batalla de auga é o elemento máis divertido desta cita que se vai preparando cos diferentes obradoiros que se celebran durante o día e toda a semana previa. Alén diso, o alumnado do IES Terra de Soneira convértese en actrices e actores na animación de rúa e bares dos Pinchos Irmandiños, con diferentes pezas ambulantes e na Visita guiada teatralizada, na que os personaxes da historia do castelo cobran vida. Gastronomía medieval Unha cita a non perder é a dos Pinchos Irmandiños, que este ano chegan á súa décima edición, con dezanove locais participantes. Os petiscos teñen unha condición esencial: non se poden utilizar alimentos que non se existisen na Idade Media en Galicia. Ademais, o Concello de Vimianzo promove durante todo o mes de xuño as Xornadas Gastronómicas Medievais, nas que participan tres restaurantes da vila. Cada un ofrece menús de época, previa reserva a 20€ bodega á parte. Recupérase deste xeito a gastronomía histórica que tenta impulsar o Concello como referente. E se se fala de gastronomía medieval, non pode faltar a VIII Cea Medieval, que esgotou as súas entradas en poucas horas este pasado luns. Medio cento de persoas xantará o venres 30 de xuño no foso do castelo, vestidos de época e podendo gozar da actuación dos Manicómicos, e xa despois aberto a todo o público da música dos vigueses Pelepau. Presenza musical Tralo concerto do venres, o sábado toma o relevo musical cunha sesión vermú na praza do Concello cos Druidas da Rolda e, xa á noite, os concertos no Campo da Festa. A partir das 10 da noite soarán Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre para ir bailando e quencendo o corpo para asaltar o castelo a medianoite. Unha vez rematado o Asalto, a música continúa coa rumba de Muchachito, o rock bravú dos Heredeiros da Crus e a troula sen fin dos Festicultores. PROGRAMACartel Asalto ao Castelo Vimianzo 2017 SÁBADO 17 DE XUÑO
  • 19:30 | III Olimpíadas Irmandiñas (Praza do Concello)
  • 21:00 | III Legua Irmandiña (Praza do Concello)
SÁBADO 24 DE XUÑO
  • 19:30 | Relatorio “Vimianzo, 1467” (Patio de armas do Castelo)
  • 20:00 | Concerto: Druidas da Rolda (Patio de armas do Castelo)
MARTES 27 DE XUÑO
  • 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
  • 10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros medievais infantís (Casa da Cultura)
  • 12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario minimo) | X PINCHOS IRMANDIÑOS
MÉRCORES 28 DE XUÑO
  • 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
  • 10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros medievais infantís (Casa da Cultura)
  • 12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario minimo) | X PINCHOS IRMANDIÑOS
XOVES 29 DE XUÑO
  • 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
  • 10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros medievais infantís (Casa da Cultura)
  • 12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario minimo) | X PINCHOS IRMANDIÑOS
  • 19:00 a 23:00 | Foliada: A. C. Trubisquiña (Rúa)
  • 20:00 | Espazo artístico itinerante (Rúa)
VENRES 30 DE XUÑO
  • 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
  • 10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros medievais infantís (Casa da Cultura)
  • 12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario minimo) | X PINCHOS IRMANDIÑOS
  • 20:00 | Espazo artístico itinerante (Rúa)
  • 21:00 | I Enlace Irmandiño (Foso do Castelo)
  • 21:30 | VIII Cea Medieval. Actuación Manicómicos (Foso do Castelo)
  • 01:00 | Portas abertas. Concerto Folk: Pelepau (Foso do Castelo)
SÁBADO 1 DE XULLO
  • 10:00 a 20:30 | VII Feira Artesanal (Praza do Concello)
  • 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
  • 12:00 a 15:00 e 19:00 a 23:00 (horario mínimo) | X PINCHOS IRMANDIÑOS
  • MAÑÁ
  • 11:00 a 13:00 | Xogoflexia. Obradoiros infantís.  (Praza do Concello)
  • 12:00 | Baile galego: A. C. Trubisquiña (Praza do Concello)
  • 12:30 | Baile galego: Airiños do Río Grande (Praza do Concello)
  • 13:00 | Baile galego: Foliada de Salto (Praza do Concello)
  • 13:30 | Sesión Vermú: Druidas da Rolda (Praza do Concello)
  • 13:30 | Visita guiada TEATRALIZADA: Manuel Rial e IES Terra de Soneira (Castelo)
  • 13:30 | Espazo artístico Itinerante (Rúa)
  • TARDE
  • 15:30 | Xogoflexia (Praza do Concello)
  • 16:30 a 18:00 |ASALTIÑO
  • 16:30 | Taller de elaboración de traxes (Praza do Concello)
  • 17:00 | Concentración de tropa (Praza da Igrexa)
  • 17:15 | Ataque ao Castelo (Foso do Castelo)
  • 18:00 | Visita guiada TEATRALIZADA: Manuel Rial e IES Terra de Soneira (Castelo)
  • 18:00 | Exhibición tiro con arco e taller de iniciación: Club de tiro con arco Dousxsetenta (Praza do Concello)
  • 19:15 | Fallo do V Concurso de Fachadas (Praza do Concello)
  • 19:30 | III Irmandade Parroquial (Praza do Concello)
  • 20:15 | Izado da bandeira irmandiña (Praza do Concello)
  • 20:30 | Percusión brasileira: Batucada e samba Malandros (Praza do Concello)
  • 20:30 | Circuíto musical: A. C. Trubisquiña (Rúa)
  • 20:30 | Circuíto musical: Kosoko Nasera (Rúa)
  • 20:30 | Circuíto musical: Os de Couso (Rúa)
  • 20:30 | Circuíto musical: Medio Quinhón (Rúa)
  • NOITE
  • 21:00 | CEA
  • 22:00 | Xabier Díaz & Adufeiras do salitre
  • 23:30 | ASALTO AO CASTELO
  • 01:00 | Muchachito
  • 02:30 | Heredeiros da Crus
  • 04:00 | Festicultores Troupe
DOMINGO 2 DE XULLO
  • 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
  • 13:00 | Castelo vivo, un paseo pola historia: Quinquilláns (Castelo)
  • 13:30 | Sesión vermú: Medio Quinhón (Praza Castelao)
  • 17:00 | Castelo vivo, un paseo pola historia: Quinquilláns (Castelo)
 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios