A Semana Santa de Vimianzo terá cor infantil


A Semana Santa está ás portas e os nenos e nenas teñen unha semana completa de vacacións por diante. Para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, o concello de Vimianzo organiza diferentes actividades para os máis pequenos. Os nenos e nenas de 3 a 6 anos poderán participar o luns, martes e mércores, de 16 a 18 horas, nos obradoiros de pascua, animación e cine infantil. Para os nenos e nenas a partir de 7 anos organizáronse tamén obradoiros de pascua, animación e cine o luns e o martes e o mércores poderán converterse en auténticos detectives participando no gran roubo, un xogo de pistas na busca dun antigo libro de valor incalculable que desapareceu misteriosamente. Para participar nestas actividades haberá que inscribirse previamente na Casa da Cultura. Por outra banda, dentro do programa de animación á lectura, o sábado haberá na biblioteca municipal un obradoiro de titiritadas, a cargo das monitorias municipais, a partir das 17 horas para pechar o mes do teatro para as crianzas.
Obradoiro de cestería para adultos

Novas relacionadas
- Os voluntarios guiarán unha Mostra do Encaixe Solidaria.
- Muxía sacará o congro por Semana Santa.
- Fisterra si terá Festas do Cristo.
- Faite monitor de tempo de libre en Vimianzo.
Fonte
- Concello de Vimianzo.