Martes. 14.07.2020
El tiempo

A Xunta insiste en que o enlace co polígono de Vimianzo é responsabilidade do goberno central

Imaxe do anuncio, realizado en febreiro, da Ampliacion da Autovia Costa da Morte ata Vimianzo
Imaxe do anuncio, realizado en febreiro, da Ampliacion da Autovia Costa da Morte ata Vimianzo
A Xunta insiste en que o enlace co polígono de Vimianzo é responsabilidade do goberno central

Onte o Concello de Vimianzo e a empresa públcia estatal SEA acordaban presentar alegacións ao proxecto da Xunta do treito Corredor (ou Vía de Altas Prestacións) entre Baio e Vimianzo para que o enten autonómico asuma o enlace co polígono de Vimianzo.

Non tardou unha mañá a Xunta en ratificar a súa postura, e "lamentar que a alcaldesa de Vimianzo renuncie a demandarlle ao Goberno central que cumpra co seu deber de executar a conexión ao polígono, do que é titular". O ente autonómico considera que o "parque empresarial de Vimianzo pertence a Suelo Empresarial del Atlántico, SEA e, polo tanto, é de titularidade do Goberno central. A as conexións e enlaces a un ámbito deben correr sempre a cargo do promotor".

Pon o exemplo dos accesos aos portos, e considera que a súa postura de facilitar o enlace contemplando un punto de entroque da Vía para o enlace, e a previsións das expropiacións, é suficiente..

 

Novas relacionadas

comentarios