A Xunta insiste en que o enlace co polígono de Vimianzo é responsabilidade do goberno central
18:18 26/05/20
Non tardou unha mañá a Xunta en ratificar a súa postura, e "lamentar que a alcaldesa de Vimianzo renuncie a demandarlle ao Goberno central que cumpra co seu deber de executar a conexión ao polígono, do que é titular". O ente autonómico considera que o "parque empresarial de Vimianzo pertence a Suelo Empresarial del Atlántico, SEA e, polo tanto, é de titularidade do Goberno central. A as conexións e enlaces a un ámbito deben correr sempre a cargo do promotor".
Pon o exemplo dos accesos aos portos, e considera que a súa postura de facilitar o enlace contemplando un punto de entroque da Vía para o enlace, e a previsións das expropiacións, é suficiente..