Luns. 09.09.2024
El tiempo

Adiante Vimianzo denuncia verquidos contaminantes no paseo fluvial da vila

Vertido en Vimianzo
Adiante Vimianzo denuncia verquidos contaminantes no paseo fluvial da vila

Hai meses que varios puntos de verquido de augas fecais contaminan o río de Vimianzo ao seu paso polo paseo fluvial. En dous Plenos da corporación a voceira do grupo municipal Adiante Vimianzo informou e requiriu do concello os traballos para a súa eliminación. “Non pode ser que augas no paseo fluvial estean continuamente contaminadas”, comentou Marta Rey.

A Alcaldesa, no pleno de xuño, contestou que descoñecía ese problema pero que axiña daría as indicacións para arranxalo. No pasado pleno do mes de xullo e dado que a situación continua igual, con unha boa parte do río contaminado polas augas fecais, reiterou Adiante Vimianzo “a necesidade de reparar de inmediato ese verquido, que logo de indicar a alcaldesa que xa fora atendido este tema, admitiu unha nova avaría da que non tiña coñecemento. Unha semana despois os verquidos calquera veciño pode comprobar que os verquidos continúan”.

Segundo o grupo, “os puntos de vequido correspóndese con dous pozos de bombeo que están permanente avariados. Un deles recolle o 90% das augas fecais da vila, ao carón da vella depuradora en desuso”. “Todo parece indicar un mal funcionamento das bombas, que debería ter inmediata e fácil solución”, refire a voceira de Adiante Vimianzo. Por este motivo o grupo municipal é moi crítico co goberno municipal, a quen acusa de ter en abandono total este problema. “Parece que non lles importa nin o río nin o paseo fluvial”, volve a dicir a voceira.

Recordan que “non se trata dun problema nun período de choivas que inunda os colectores porque o problema persiste no verán, coa minoración da augas pluviais”.

Comentarios