Antelo denuncia un aumento sospeitoso do padrón nos últimos meses


Manuel Antelo Pazos, candidato do Grupo Municipal do BNG, vén de solicitar a revisión de oficio das resolucións da alcaldía dos meses de novembro e decembro de 2010 e de xaneiro e febreiro de 2011, polas que se acorda dar de alta no Padrón de habitantes a un grupo de persoas que non son residentes en Vimianzo.
Antelo non entende que se "dende o ano 2007 ao 2010 o concello de Vimianzo perdeu 236 habitantes, mantendo a tendencia negativa á perda de habitantes", por que "entre os meses de novembro de 2010 e febreiro de 2011, o Padrón municipal de habitantes incorporou máis de 150 novas altas. Delas só 15, o 10%, corresponden a persoas residentes no xeriátrico", explica.
Sobresae significativamente que nos últimos cinco días do mes de decembro se produzan 52 novas altas.
Entre as altas producidas "destacan as que se inscriben en domicilios propiedade do candidato número tres da lista do grupo político Independentes por Vimianzo e da súa familia (17 persoas), así como en domicilios de familiares da candidata número dous do mesmo partido (16 persoas)". Denuncia Antelo que "moitas destas altas son persoas con residencia habitual noutros concellos, e que non residen nin nunca residiron en Vimianzo".
Primeiros mitins
Esta fin de semana terán lugar os primeiros Mitins do BNG de Vimianzo:
- Venres 6 de maio ás 21.30h en Casa Landeira de Treos.
- Sábado 7 de maio as 21.30h no bar de Vilaseco.
- Domingo 8 de maio as 20h no bar de Serramo.
Máis información
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Vimianzo.