Carlos de Dido: “O Fútbol da Costa vai ligado ao cariño e o recoñecemento”
Última xornada das Ligas da Costa e día importante para varios clubs. Para varias vilas polo tanto. Por Esteiro colga as botas Sui, un deses xogadores dun só club, un deses exemplos que exemplifican á perfección o que significa o Fútbol da Costa.
Outro é Carlos Tajes, ou “Carlos de Dido” (Camelle, 07/07/1986), xogando 16 tempadas, en silencio,sempre no club da súa vida. “Historia viva do Camelle”, sinala Marcos, un veciño da vila. “Non se entende o Camelle sen Carlos de Dido, ás boas e ás malas. Nun pueblo, nun equipo sen estrellitas, será lembrado pola garra e pundonor que o fai o eterno capitán”.
Este instalador de pladur, despois de formarse na base do Camariñas dos 12 aos 18, pasando o último ano de xuvenís polo Porteño, aparcara o fútbol daquela por motivos familiares. Non se puido resistir cando se refundou o equipo do seu pueblo, dende os 24 anos defende a camiseta. Gozou ao máximo os dous ascensos á Liga da Costa cun Rodeiro a rebentar con 600 persoas no campo.
Agora, despois de xogar con compañeiros da idade da súa filla, dá o paso a un lado, a seguir axudando á directiva no campo. “Implicacion, Compromiso, gran compañeiro e CAPITAN, como se di en Camelle Seda da Boa!!”, así o define o seu adestrador nestes últimos 4 anos, Sergio. E no día da súa despedida, uns minutos antes de marcar 4 tantos na vitoria ante o Muxía B na vitoria camellá por 74, falamos con el:
- Que significa para ti xogar no Camelle?
Para min é todo. O recoñecemento que che dan, o valor que nos dan aos que nos embarramos no campo de fútbol, é o máximo.
- Que significa o Fútbol da Costa, para ti?
Encántame o fúbol e o Fútbol da Costa en xeral. Levo anos indo a Muxía, a ver ao Porteño… e o cariño que vés do público aos seus xogadores, que valoran o esforzo, gañes ou perdas, trata sempre ben ao xogador. O Fútbol da Costa vai ligado a cariño e recoñecemento. Ir a outros pueblos despos de tantos antos e ver que che coñecen, que che saúdan, e che respectan. É un sentimento.
- En que outros xogadores da comarca te fixas como exemplo? Que outros xogadores cres que representan ese espírito de xogar no club do teu “pueblo”?
Moriño, Pejo, Kevin Fandiño, Michael… son xente que son un exemplo parecido ao meu. A Moriño xa o coñecía dende pequeno que as nosas avoas vivían xuntas en Camariñas. Leva dende 16 e con 46 sigue competindo en 1ª… incrible.
- Levas dous ascensos á Liga da Costa, cun rodeiro ateigado con máis de 600 persoas. Foron eses os teus mellores momentos como xogador?
Quédome co segundo ascenso. Foi nun cambio de ciclo, dunha xente que levaban anos e estaba algo cansada, e chegou xente nova, adestrador novo, Sergio, e sen ser os mellores xogadores, formamos o mellor equipo, fomos invencibles na segunda volta. Foi un ascenso sufrido dende o traballo, entrenando duro todo o ano.
- A túa evolución no campo foi tremenda, non? empezaches de defensa e nos últimos anso estaste destapando como dianteiro, e metendo goles como os dous da pasada semana en Lombáns que valeron 1 punto?
Case obrigada, a verdade. Si que é certo dende que ando tamén nas carreiras do circuito, ando moi ben fisicamente. Eu xogaba de defensa, e primeiro lembrou que foi a necesidade dun stopper no medio campo, e levoume para alí. E despois, a falta de dianteiro e co que aporto coa cabeza, que case lle dou mellor coa cabeza que co pé, pois estando ben fisicamente, loitando e dándolle ben coa cabeza, aí estou. Ademais, nun campo coma o noso, no que hai que tirar de moito balón directo, e para crear segundas xogadas, dase ben.
- E ademais, o recambio de sempre cando non hai porteiro ou pasa algo, tamén!! jajaj
Moitas veces van!! Si, aínda case me toca a min, esta semana que tiñamos un porteiro currando e outro de viaxe… Iso vai ligado a min dende Cadete. De pequenos só tiñamos un porteiro, e cando pasaba algo sempre me metían a min. Dáseme ben, non me disgusta, son alto, e fun tapando o parche. Co cotizados que están os porteiros, un comodín coma eu creo que vale moito.
- Fermosa despedida no Rodeiro e ante o Muxía B, non?
Inmellorable, a verdade, con dúas directivas hermanadas. Se puidera vivir unha despedida ideal, seguro que lle pedía algo así aos Reis. Con xente do Camariñas, Baíñas, Porteño… que seguramente virán ao campo… moi contento.
- E no futuro, veste adestrando? ou na Directiva?
Para meterme de entrenador seguía de xogador, que me gusta máis, jajaja. Xa levo axudando á directiva nalgunhas cousas, e si que me vexo metendo unha man no campo e apoiando ao equipo dende a varandilla. Hai ademais unha remesa de rapaces de 16-18 que poden volver ao equipo e darlle un bo futuro. Pero tamén necesito poder desconectar, e poder ter un domingo libre coa familia, e non estar sempre pendente do compromiso.