Recunchos da Costa: O Castro das Barreiras
Un dos epicentros de arqueoloxía viva da comarca é, sen dúbida, o Castro das Barreiras (Vimianzo). Máis de 15 anos cun proxecto activo de excavacións (a última campaña está en marcha neste mes de maio, incluíndo novos achádegos e plans de difusión con escolares) situán o castro situado na parroquia de Ogás como un dos nosos mellores exemplos de investigación e de divulgación.
Ten unha visible croa dunha superficie duns 4.000 metros cadrados, arroupada por unhas montañas que agochan unha potente muralla que nalgún punto supera os 8 metros de altura.
Datado da idade de ferro, xa se teñen documentado elementos como un valioso betilo, unha fouce, unha cabana de planta ovalada, dando conta deste importante recurso arquelóxico que formará parte do Parque do Megalitismo da Costa da Morte.
