Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Aprobado o dispositivo de seguridade para as festas do Asalto e a Faghía

Xunta Local de Seguridade de Vimianzo
Aprobado o dispositivo de seguridade para as festas do Asalto e a Faghía

Esta mañá tivo lugar a Xunta Local de Seguridade no Concello de Vimianzo para formalizar o dispositivo de seguridade que se desenvolverán durante os dous vindeiros fines de semana, o 30 de xuño e 1 de xullo co Asalto ao Castelo e o 8 e 9 de xullo co celebración da Faguía de Carnés.

Ademais da alcaldesa Mónica Rod., acodiu subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, así como membros das forzas de seguridade. Todas destacaron a máxima colaboración para “garantir a seguridade das persoas asistentes e pediu a veciñanza moita prudencia, que cumpran coas normas previstas e atendan as indicacións das persoas que integran o dispositivo de seguridade para que todo transcurra con normalidade”.

O dispositivo estará reforzado con efectivos de Seguridade Cidadá da Comandancia da Guardia Civil da Coruña. Ademais tamén se contará coa presenza de patrullas da Garda Civil de Tráfico de Corcubión e se dará apoio á Policía Local con axentes doutros concellos. Ademais, Protección Civil dispoñerá tamén de 15 efectivos.

Por outra banda, o concello informou que contará tamén cun punto violeta de atención e información e en temas de igualdade e diversidade durante as celebración das festas.

CARTEL FAGUIA Carnes-Vimianzo 2023

Cartel ASALTO AO CASTELO_2023

Novas relacionadas

Comentarios