luns. 02.12.2024
El tiempo

Aquí non se tira nada: O somier-cancela

Aquí non se tira nada: O somier-cancela

Continuamos na liña da reciclaxe e a imaxinación con esta nova sección en QPC na que as imaxes son as protagonistas. Dando un xiro ás clásicas “Chapuzas galegas” que todos os xornais do país recollen, en QPC prantexamos a idea como unha demostración do enxeño dos galegos para reciclar. “A vida útil do inútil” podería ser perfectamente o tagline da sección.

E hoxe traemos un auténtico clásico: o somier-cancela. Xa tardou en chegar, e tivemos que ir ata a Pedra do Frade, na parroquia de Berdoias, en Vimianzo, para saboreala. Que ben xeitosa é.

Envíanos a túa foto

E por favor, seguimos agardando eses clásicos, como ese trespés-florero, esa bañera-bebedoiro, ou ese somier-cancela. Enviádenos esas escenas do agro, e do urbano, que merecen a pena recuperar a [email protected], para contarnos estes exemplos de enxeño dos vosos arredores.

Novas relacionadas

Aquí non se tira nada!

Fonte

Comentarios