Arde o motor dun coche en Vimianzo
19:53 02/05/17
Un coche de empresa sufriu esta tarde un incendio no motor cando circulaba polo centro de Vimianzo. O coche detívose na rúa Blanco Rajoy, ao carón da igrexa. O conductor do vehículo apagou o lume co extintor dun local próximo e un axente de Protección Civil arrefriou o motor cunha motobomba co fin de que non se volvera a incendiar.
Na intervención tamén participaron os bombeiros de Cee e membros da Policía Local de Vimianzo. Unha grúa encargouse de retirar o vehículo.
Novas relacionadas
- Sufocan o incendio dun tractor preto das casas de Alvarellos
- Apagan un incendio nunha vivenda abandonada de Fisterra
- Sofocan un incendio nunha chimenea dunha casa de Ponteceso
- Incendio nunha vivenda no centro de Cee
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Bombeiros de Cee