Arrancan en Vimianzo as celebracións polo Día do Libro
08:05 20/04/16
Magín Blanco ofreceu un espectáculo musical para o alumnado máis novo dos centros de ensino de Vimianzo
O concello de Vimianzo puxo onte en marcha unha semana do máis cultural dirixido aos escolares do municipio con motivo da celebración do Día do Libro, que se conmemora o vindeiro 23 abril. Os estudantes máis pequenos dos distintos centros educativos de Vimianzo foron os primeiros en participar nestas actividades. Así, o alumnado da escola infatil municipal Os Vimianciños, os nenos e nenas de infantil do CEIP San Vicenzo e do CI de Carnés asistiron onte ao espectáculo "Libros en-cantados" que tivo lugar na casa da Cultura vimiancesa da man de Magín Blanco.
Ao rematar o acto o alumnado da escola onfantil Os Vimianciños recibiron de mans do alcalde, Manuel Antelo, e da concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade, Marta Rei, os seus carnés de socias e socios da Biblioteca Pública Municipal.
O alumnado da escola infantil Os Vimianciños recibiu os seus carnes de socios da biblioteca municipal
Hoxe, ás 11:00 horas, Paco Nogueiras encargarase de ofrecer un espectáculo para o alumnado do Ceip de Baíñas, os alumnos e alumnas de primaria do Ceip San Vicenzo, ao alumnado do CEIP de Castromil e do CI de Carantoña.
As actuacións de Magín Blanco e de Paco Nogueiras inscríbense no programa da consellaría de Cultura “Ler Conta Moito”, que financia parte das actividades.
Novas relacionadas
- O alumnos e alumnas de Vimianzo desfrutan do Día do Libro
- A Biblioteca de Cee celebra o Día do Libro con Cervantes e Shakespeare
- Redacción QPC ([email protected])
- Vimianzo