Venres. 26.04.2024
El tiempo

As ANPAs avanzan en Vimianzo as novas Xornadas de Diversidade e o novo Camiño SenLímites

As ANPAs avanzan en Vimianzo as novas Xornadas de Diversidade e o novo Camiño SenLímites

Este pasado venres tivo lugar en Vimianzo unha nova asemblea da Federación Provincial de ANPAS Coruña-Costa da Morte. Unha cita que serviu para repasar varios asuntos, aceptar novas ANPAS, e reincidir na importancia que ten a propia formación dos pais e nais.

Xornadas de Diversidade

Tralo éxito das xornadas de marzo en Cee, as Anpas Galegas xa preparan unha nova cita para finais de novembro na vila da Xunqueira. O obxectivo primordial destas VI xornadas é xerar un tempo e un espazo no que adquirir coñecementos onde aprender xuntos, profesorado, nais e pais. Todo para “mellorar as prácticas educativas, atendendo á diversidade do alumnado”.

Liga de Xadrez

104 alumn@s inscritos hai para a I Liga de Xadrez das ANPAs, que terá 3 xornadas en Ponteceso, Carballo e Mazaricos, e que comeza este 28 de outubro. A Asemblea serviu para avanzar temas organizativos.

III edición do Camiño SenLímites

A Anpas preparan unha terceira edición máis complexa, compartindo experiencias en igualdade, claves neste camiño inclusivo.

  • A Liga de Xadrez das ANPAS arrinca con 104 alumn@s participantes.
  • A Costa da Morte, referente educativo na diversidade.
  • Fonte

    Comentarios