O Asalto ao Castelo presenta un completísimo programa que afianza a súa madurez e profesionalización
- ETS, Dakidarría, Los de Marras, Che Sudaka ou De Ninghures lideran un potente cartel para os días 3 e 4 de xullo.
O Castelo de Vimianzo acolleu esta mañá de xoves a presentación de todos os detalles da programación dun dos eventos máis singulares do verán da Costa da Morte e do resto do país: o Asalto ao Castelo. Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, a 29ª edición celébrase formalmente os días 3 e 4 de xullo, aínda que ao longo da semana haberá numerosas actividades culturais, gastronómicas e deportivas.
No acto de presentación participaron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Penas; o portavoz da organización e membro da AC Cherinkas, Manuel Rial; Marta Miñones, en representación de AXVALSO; Loreto Rodríguez, responsable de medios gañados de Hijos de Rivera; Vanessa Caamaño, do Terra de Soneira C.D.; e Cristina Landeira, en representación do sector hostaleiro dos Pinchos Irmandiños.
O portavoz da organización, Manuel Rial, debullou un programa que supón "un paso adiante na madurez e profesionalización do festival sen perder un ápice da nosa esencia veciñal e asociativa". Rial quixo poñer en valor o esforzo do equipo e do "motor que supón a veciñanza".
Tamén a alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradeceu "o incansable traballo colectivo que, durante moitos meses, desenvolve a organización para que Vimianzo sexa o epicentro cultural de Galicia a comezos de xullo".
O deputado de Cultura Xesús Penas fixo fincapé na vertente histórica do festival, e nesa representación teatral da revolta irmandiña do sécul XVI que sen dúbida, é o punto distintivo desta gran festa/festival.
Gastronomía e deporte
En representación da hostalaría local, Cristina Landeira destacou a consolidación dos Pinchos Irmandiños, que chegan á súa 17ª edición: "A nosa hostalaría volve demostrar a súa creatividade con esta proposta de arqueogastronomía medieval única en Galicia. Ofreceremos propostas de calidade entre o 30 de xuño e o 4 de xullo, adaptadas tamén ás demandas actuais ".
Nesta ruta gastronómica na que non se poden consumir alimentos chegados de América (como o tomate ou a pataca) participan un total de 11 locais, cun prezo de 3,50 € polo petisco individual ou de 4 € se se opta polo paquete que inclúe un quinto de cervexa ou auga.
Un evento especial é a Legua Irmandiña, que fai dez anos. Vanessa Caamaño do Terra de Soneira C.D. animou a participar “nunha carreira cun percorrido bastante chan e unha meta impresionante, no propio castelo de Vimianzo”
Un programa completo para vivir a revolta
A programación arrincará do 22 de xuño ao 3 de xullo co Campamento Infantil de temática medieval, apoiando o relevo xeracional da paixón irmandiña.
O venres 26 de xuño a narración oral tomará o Castelo co Festival Atlántica da man de María da Pontragha (20:00 h), xusto antes de que, a medianoite, feche o prazo para a segunda edición do II Certame de Microrrelatos Irmandiños.
O sábado 27 de xuño o Patio de Armas vivirá unha mañá de divulgación histórica cunha Mesa de Reflexión sobre a Historia Irmandiña na que participarán Anselmo López Carreira, Carmen Blanco Sanjurjo e Miguel García-Fernández (este último abordando o poder feminino na Idade Media coas Moscoso). Xa pola noite (21:00 h), a épica carreira deportiva da Legua Irmandiña cumprirá dez edicións coa súa tan singular meta no foso do castelo.
A previa do Asalto: o mércores e o xoves de rúa
O mércores 1 de xullo arrancará o XV Circuíto Musical cos cantos de taberna da Coral O Son do Val. O xoves 2 será a quenda dos máis pequenos na IV Tarde- Noite Infantil Meiga no foso (17:00 h), dando paso ao XIII Espazo Artístico Itinerante, e ao xa consolidado Des-enterro Irmandiño, no que as gamberras ánimas de palleiro se unen en aquelarre chamando á loita na Praza do Concello (23:00 h).
O venres 3 de xullo: Gran noite de concertos e Cea Medieval
A xornada do venres comezará ás 19:00 h cos ritmos da A.C. Trubisquiña e o Espazo Itinerante. Tras o circuíto con Dautaka e a ofrenda de Cé Orquestra Pantasma, celebrarase a XV Cea Medieval no foso, co Pallaso Blanco, música e a tradicional queimada do druída Miguel Queiro. As ansiadas entradas para a XV Cea Medieval poderán conseguirse a partir do xoves 28 de maio.
A gran novidade da xornada será na XIV Noite Meiga (zona de concertos), que este ano require a retirada previa de entrada. O escenario tremerá co punk- reggae internacional de Che Sudaka, a enerxía de Quinkillada, Ulex e o divertido peche da Yaya DJ.
O sábado 4 de xullo: O gran día da feira, moita actividade, unha macro sesión vermú e a gran batalla
A Praza do Concello acollerá durante todo o día a XIV Feira Artesanal, obradoiros de Xogoflexia coa Cruz Vermella, xogos de mesa medievais e o mago Iván Tourís, ademais do Torneo de Xadrez de Rápidas por parte de INCUDE.
A organización decidiu este ano apostar con forza pola sesion vermú no Espazo Neghra Sombra, que se expande con tres potentes propostas: os vimianceses Coídos, a proposta queer do Rabelo e Nenaza e os virais Tapa d'Orella, sumados ao circuíto coa Lilicleta.
Pola tarde, o Asaltiño convocará as tropas infantís para o ataque ao foso ás 17:00 h nunha poderosa batalla de auga da que fuxir ou mergullarse. Haberá obradoiro de baile tradicional con Cris Canosa, a emotiva Viaxe no Tempo no Patio de Armas cos personaxes da historia do castelo interpretados pola mocidade vimiancesa, torneos de Carcasonne, e o concerto do angolano afincado en Galicia.
Un dos momentos máis importantes do día chegará co desfile das Irmandades Parroquiais da Terra de Soneira, o encontro guerreiro das diferentes parroquias que compoñen o antigo territorio gobernado polo castelo (actuais Camariñas, Laxe, Zas, Cabana e Vimianzo). Ás 19:45 h, a familia das Festiletras do Couto encargarase do Pregón e o izado da Bandeira Irmandiña, seguindo a tradición destes últimos anos de convidar a festivais irmáns como o Irmandiño de Moeche ou a Carballeira de Zas.
A Noite de Concertos (con entradas e abonos dispoñibles en asaltoaocastelo.gal) arrancará ás 20:30 h con De Ninghures. Ás 22:00 h será o concerto dos vascos En Tol Sarmiento (ETS), que servirá de antesala para o momento cumio: o ASALTO AO CASTELO (23:30 h), a recreación teatral e a batalla final de globos de auga. A festa continuará co rock de Dakidarría (01:00 h), o "guarrocanrol" de Los de Marras (02:30 h) e a loucura dos Festicultores (04:00 h).
Domingo 5 de xullo: Clausura
O punto final porase cunha visita guiada, as visitas teatralizadas dos Quinquilláns no Castelo, a sesión vermú con Medio Quinhón na Praza Castelao e, como despedida, a narración oral de José Luis Gutiérrez "Guti" no Castro das Barreiras dentro do Festival Atlántica (20:00 h).
PROGRAMA XXIX ASALTO AO CASTELO - 2026
DE SÁBADO 20 DE XUÑO A DOMINGO 5 DE XULLO
- 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía ao Vivo (Castelo)
DE LUNS 22 DE XUÑO A VENRES 3 DE XULLO
- 10:00 a 14:00 | Campamento Infantil (Temática Medieval)
VENRES 26 DE XUÑO
- 20:00 | Festival Atlántica: narración oral con María da Pontragha (Castelo)
- 00:00 | II Certame de Microrrelatos Irmandiños (por Internet: fin do prazo de inscrición)
SÁBADO 27 DE XUÑO
- 11:30 | Mesa de Reflexión sobre a Historia Irmandiña (Patio do Castelo):
Anselmo López Carreira: “Os Irmandiños na Historia”
Carmen Blanco Sanjurjo: “A Literatura como Medio Divulgador da Historia”
Miguel García-Fernández: “As Moscoso e Vimianzo: o Poder Feminino na Idade Media” - 21:00 | X Legua Irmandiña (Praza do Concello-Castelo)
DE MARTES 30 DE XUÑO A SÁBADO 4 DE XULLO
- 12:00 a 15:00 e 19:00 a 23:00 (horario-base) | XVII PINCHOS IRMANDIÑOS
- 20:00 | XV Circuíto Musical (Rúa). Coral O Son do Val: Cantos de Taberna
XOVES 2 DE XULLO
- 17:00 | IV Tarde-Noite Infantil Meiga (Foso do Castelo)
- 20:00 | XIII Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
- 20:00 | XI Des-enterro Irmandiño (Rúa)
- 23:00 | IV Aquelarre de Ánimas de Palleiro para o Chamamento á Loita (Praza do Concello)
VENRES 3 DE XULLO
- 19:00 | XIII Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
- 19:00 | A. C. Trubisquiña (Praza do Concello)
- 21:00 | XV Circuíto Musical (Rúa): Dautaka
- 21:00 | Ofrenda Musical: Cé Orquestra Pantasma (Foso do Castelo)
- 21:30 | XV Cea Medieval (Foso do Castelo)
Pallaso Blanco / Cé Orquestra Pantasma
Queimada: Druída Miguel Queiro
XIV Noite Meiga (Zona de Concertos) - 23:30 | Ulex
- 01:00 | Che Sudaka
- 02:30 | Quinkillada
- 04:00 | Yaya DJ
SÁBADO 4 DE XULLO (PRAZA DO CONCELLO, agás especificacións)
MAÑÁ
- 10:00 a 20:30 | XIV Feira Artesanal
- 11:00 a 13:00 | Xogoflexia. Obradoiros Infantís: Cruz Vermella
- 11:00 | Mesa de Presentación. Xogos de Mesa de Temática Medieval: INCUDE
- 11:15 | Bruxo Medieval Iván Tourís
- 11:30 | Xadrez: Torneo de Rápidas (todos os públicos): INCUDE
- 12:00 | Bruxo Medieval Iván Tourís
- 12:30 | XIII Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
SESIÓN VERMÚ: III Espazo Neghra Sombra:
- 12:30 | XV Circuíto Musical (Rúa): Lilicleta
- 12:30 | Coídos: Música desde o Coração do Mundo
- 13:30 | O Rabelo e Nenaza
- 14:30 | Tapa d´Orella
TARDE
- 16:00 | Torneo Internacional de Xadrez (por Internet): INCUDE
- 16:00 | Aturuxos Irmandiños. Arenga Musical: Banda Plástica con Medio Quinhón
- 16:30 a 17:30 | XIII ASALTIÑO
- 16:30 | Irrupción da Hoste dos Moscoso
- 16:45 | Concentración de Tropa (Praza Castelao)
- 17:00 | Ataque ao Castelo (Foso do Castelo)
- 17:15 | Obradoiro de baile tradicional con Cris Canosa
- 17:45 | Torneos de Carcasonne e Catro en Liña: INCUDE
- 17:55 | Premios do II Certame de Microrrelatos Irmandiños: INCUDE
- 18:00 | Alberto Mvundi: Musseque
- 19:00 | X Irmandades Parroquiais da Terra de Soneira
- 19:45 | VIII Pregón (Festiletras) + Izado da Bandeira Irmandiña
- 20:00 | XV Circuíto Musical (Rúa): Dautaka/ Medio Quinhón / Rapacollón´s Big Band / Lilicleta
NOITE (ZONA DE CONCERTOS)
- 20:30 | De Ninghures
- 22:00 | En Tol Sarmiento
- 23:30 | ASALTO AO CASTELO
- 01:00 | Dakidarría
- 02:30 | Los de Marras
- 04:00 | Festicultores
DOMINGO 5 DE XULLO
- 11:00 | Visita Guiada (Castelo)
- 12:30 + 17:00 | Visita Teatralizada: Quinquilláns (Castelo)
- 13:30 | Sesión Vermú: Medio Quinhón (Praza Castelao)
- 20:00 | Festival Atlántica: narración oral con José Luis Gutierrez “Guti” (Castro das Barreiras
Máis crónicas do Asalto
- 2025: Vimianzo viviu unha grandiosa revolta irmandiña.
- 2024: Manu Chao fixo o Asalto ao Castelo máis internacional.
- Asalto 2023:O Asalto toca Terra
- Asalto 2022: O Asalto ao Castelo 2022 en vídeo.
- Asalto 2022: Vimianzo viviu o seu Asalto máis multitudinario.
- Asalto 2021: O lume tomou as terras irmandiñas.
- Decembro 2019: O Asalto tamén vai polo bo camiño para ser declarada Festa de Interese Turístico.
- Asalto 2019: A calor irmandiña invadiu Vimianzo nun exitoso Asalto ao Castelo.
- Asalto 2017: O Asalto rexistrou o maior éxito de público da súa historia.
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo.
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012: A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo