Sábado. 08.08.2020
El tiempo

O Asalto tamén vai polo bo camiño para ser declarada Festa de Interese Turístico

Cesáreo Pardal, Mónica Rodríguez e Román Rodríguez falando do Asalto ao Castelo de Vimianzo
Cesáreo Pardal, Mónica Rodríguez e Román Rodríguez falando do Asalto ao Castelo de Vimianzo
O Asalto tamén vai polo bo camiño para ser declarada Festa de Interese Turístico
 

Como contabamos esta semana, a Festa da Carballeira de Zas será declarada, en breve, Festa de Interese Turístico Galego. Non entra nesta tanda, o Asalto ao Castelo, unha vez que a petición oficial, a pesar de ser anunciada a comezos de ano, non foi presentada ata o mes de xullo, como nos confirmaba Mónica Rodríguez.

Unha alcaldesa que, en todo caso, é optimista de cara á declaración da festa irmandiña, que este 2020 cumpre 25 anos, sumándose así ás As 10 Festas xa declaradas de Interese Turístico da Costa da Morte. Así o asegura despois de manter unha xuntanza co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, en presencia do presidente do Clúster do Turismo, Cesáreo Pardal.

Tras a reunión, Mónica Rodríguez afirmou saír “con boas sensacións da xuntanza co Conselleiro de Cultura e Turismo, a quen notei moi interesado polo proxecto que lle presentábamos, e creo que é consciente do valor patrimonial e turístico do Asalto así como do acaído que resulta a súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia”.

Novas relacionadas

comentarios