Luns. 13.05.2024
El tiempo

Ata a elección do avogado tensa o pleno de Vimianzo

Ata a elección do avogado tensa o pleno de Vimianzo

O Pasado venres tivo lugar un novo pleno no Concello de Vimianzo. Logo de acordar recorrer a sentenza que obriga ao concello a pagar 800.000 euro á empresa do irmán do alcalde por obras "demais" na Casa da Cultura, o pleno decidía que avogado representaría ao concello, e as chispas volveron saltar.

O pleno decidiu que sexa o avogado presentado polo BNG, Óscar Ramón Rodríguez Insua, malia que o candidato do PP recibiu máis apoios. Algo que non deixa nada tranquilo ao grupo do PP, que "quere mostrar o seu descontento coa conduta do BNG no pleno celebrado esta mañá e coa falta de información proporcionada pola secretaria". Para a secretaria "a primeira opción será a válida", sendo este o argumento para xustificar a elección do avogado segundo denuncia o PP.

Cando o PP pediu unha nova votación o BNG fixo amago de deixar o pleno suxerindo que habñia un pacto entre PSOE e PP. Dende o PP aseguran que "podería recorrer o pleno, por considerar que se faltou á legalidade, pero entendemos que pola falta de tempo, non debemos entorpecer o proceso se se quere realmente presentar o recurso".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios