Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Auditorio de Vimianzo acolle a residencia da obra Conexión Pingüín

Conexión Pingüín -Marcos Orsi e Luis Iglesia
Marcos Orsi e Luis Iglesia crean Conexión Pingüín
O Auditorio de Vimianzo acolle a residencia da obra Conexión Pingüín

A calidade dos nosos auditorios refréndase cos exemplos como o de Fariña en Cee. O espectáculo teatral máis famoso do país fixo residencia en Cee para preparar o asalto á capital estatal. Esta semana é a Compañía Cultura Activa o que fai residencia na comarca, concretamente no Auditorio de Vimianzo, para preparar a estrea de Conexión Pingüín, protagonizada por Luís Iglesia e Marcos Orsi.

Como agradecemento á vila soneirá e a modo de previa, este xoves ás 10:30 horas a compañía ofrecerá un pase para o alumnado do IES Terra de Soneira.

Conexión Pingüín é unha peza que fala da incomunicación entre os seres humanos nesta era hipertecnolóxica, un mal que fai estragos todo os días e a todas horas. Iglesia (o mítico Matalobos) e Orsi (coñecidísimo de series como Padre Casares, Serramoura ou mesmo na Estiba) convírtense en dous grandes actores nunha proposta máis ambiciosa na que se meterán na pel de dous intrépidos montañeiros que tratan de chegar á Antártida.

Novas relacionadas

Comentarios