Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Avanza a segunda fase do proxecto de reforma da instalación eléctrica do Castelo

Interior do Castelo de Vimianzo
Visita institucional no interior do Castelo de Vimianzo
Avanza a segunda fase do proxecto de reforma da instalación eléctrica do Castelo

En execución, e lista para que durante a Semana Santa poida celebrar a catalogación como Festa de Interese Turístico Galego, está a primeira fase do proxecto de reforma da instalación eléctrica do Castelo de Vimianzo.

Pero a cousa non vai quedar aí, como confirmaban onte o Concello e Deputación. A alcaldesa, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez e técnicos da entidade provincial Marina Cabana, José Yáñez e David Beiras visitaron o espazo, que ao ser Ben de Interese Cultural (BIC), necesita actuacións na materia.

A primeira fase, cun investimento de máis de 100.000euros, incluíu a renovación dos cadros eléctricos, ademais da nova iluminación e novos aparellos de emerxencia e sinalización. Tamén se instalarán novos condutores onde sexa necesario, e novas canles realizadas en tubaxe de cobre para canalizar os novos circuítos. Instalase tamén unha nova toma de terra.

Agora tocase xa ir pensando en mellorar tamén o sistema no exterior, que non só suporá melloras a nivel de aforro, tamén estéticas.

Novas relacionadas

Comentarios