O Asalto poderá celebrar o 25 aniversario como Festa de Interese Turístico Galego

Apenas unha semana despois da presentación do programa do 25 aniversario, máis de 2 anos despois das últimas promesas da Xunta, e 9 anos despois da primeira intentona, o Asalto ó Castelo de Vimianzo conseguir a catalogación de Festa de Interese Turístico Galego.
Así o ratificaba esta semana o informe favorable por parte do Consello da Xunta de Galicia, sendo xa 12 as Festas de Interese Turístico Galego na Costa da Morte, calificación trala cal se poderá acceder a axudas para impulsar a súa promoción e contribuir a reforzar a autenticidade de Galicia como destino.
Co programa completo de volta para celebrar o 25 aniversario, “que mellor maneira de facelo que coa denominación que hoxe se fai realidade”, apuntan desde o Concello.
Un Concello que o primeiro que quixo é “destacar ás asociacións Cherinkas e Axvalso, a veciñanza, o equipo humano dos departamentos de Turismo e Cultura do Concello de Vimianzo e tamén á hostelería local, moi implicada no noso Asalto cos pinchos irmandiños”.
A Xunta valorou tantos anos de implicación veciñal nesta festa que ten como elemento diferenciador a representación da Gran Guerra Irmandiña que comezou en 1467 en toda Galicia, momento no que o pobo se ergueu contra o poder abusivo dos señores feudais. Trasladando estas revoltas ao presente, o Asalto ofrece un amplo abano de personaxes e situacións que dalgún xeito simbolizan as inxustizas do mundo moderno e mostran os problemas do mundo actual.


Novas relacionadas
- Asalto 2022: O Asalto ao Castelo recupera a música e a súa singular representación para celebrar o seu 25 aniversario.
- ”Asalto 2021”: O lume tomou as terras irmandiñas.
- Decembro 2019: O Asalto tamén vai polo bo camiño para ser declarada Festa de Interese Turístico.
- Asalto 2019: A calor irmandiña invadiu Vimianzo nun exitoso Asalto ao Castelo.
- Asalto 2017: O Asalto rexistrou o maior éxito de público da súa historia.
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo.
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012: A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
Outros artigos